Cércidas de Megalópole

Cércidas (en grego antigo Κερκιδᾶς, latín: Cercidas) foi un poeta, filósofo e lexislador da cidade de Megalópole do século -III.

Cércidas de Megalópole
Nacementoséculo III a. C.
Lugar de nacementoMegalópolis
Falecementoséculo III a. C.
Ocupaciónpoeta e filósofo
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Foi un filósofo cínico, discípulo de Dióxenes, e é mencionado por Ateneo de Naucratis e Estobeo. Segundo Claudio Eliano, á súa morte fixo queimar con el os dous primeiros libros da Ilíada e expresou o seu desexo de atoparse con Pitágoras (filósofo), Hecateo (historiador), Olimpo (músico) e Homero (poeta), o que implica claramente que cultivou estas artes e ciencias. Di Demóstenes que por covardía e corrupción puxo Arcadia baixo o goberno de Filipo II de Macedonia[1].

En 1906 atopouse en Oxirrinco un papiro con fragmentos de sete poemas seus de carácter cínico[2].

NotasEditar

  1. 1.Cercidas en: William Smith (editor), A Dictionary of Greek and Roman Biography and Mythology. Vol. I. Boston: Little, Brown & Comp., 1867, p. 671
  2. Papiro de Oxirrinco nº 1082.