Claudio Eliano
Claudio Eliano (en latín Claudius Ælianus, en grego antigo Κλαύδιος Αἰλιανός) foi un escritor e compilador romano nado en Praeneste en 175 e finado arredor do 235[1]. Escribiu en grego.
Nome orixinal | (la) Claudius Aelianus |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (grc) Κλαύδιος Αἰλιανός 165 (Gregoriano) ↔ 175 (Gregoriano) Palestrina, Italia (pt) |
Morte | 235 (Gregoriano) Roma, Italia |
Actividade | |
Ocupación | escritor, zoólogo, mestre, historiador, orador, poeta |
Período de tempo | Alto Imperio Romano |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Ælia′nus, Claudius |
Traxectoria
editarEstudou retórica co sofista Pausanias[2] e foi un admirador de Herodes Ático. Morreu solteiro sen descendencia.
Obras
editarAs obras de Eliano, escritas en grego antigo, son recompilacións doutras obras da literatura ática clásica. Consérvanse tres escritos.
- "Historia Varia" (Ποικίλη ἱστορία - Historia Varia ): 14 libros con miscelánea anecdótica sobre a natureza e sobre homes e pobos notábeis. O manuscrito máis antigo data do século X e está no Codex Ambrosianus.
- "Sobre a natureza dos animais" (Περὶ ζῴων ἰδιότητος - De natura animalium ): 17 libros, dos que só quedan fragmentos, unha recompilación de historias e lendas sobre animais. O manuscrito máis antigo data do século X (Codex Parisinus).
- "Cartas Rústicas" (Ἐπιστολαὶ ἀγροικικαί - Epistulae rusticae ), unha colección de 20 cartas de temática predominantemente erótica, cuxa autenticidade é dubidosa, tamén no Codex Ambrosianus.
Outras obras coñécense só polo seu título ou algúns escasos fragmentos: Sobre a arte adivinatoria (Περὶ προνοίας), sobre a actividade directiva dos deuses (Περὶ θείων ἐναργειῶν) e unha acusación contra un home efeminado que podería pensarse que era contra o emperador Heliogábalo.
Notas
editar- ↑ «Aelianus» in: Bibliotheca Augusta, Universidade de Augsburg
- ↑ Albrecht Dihle, Die griechische und lateinische Literatur der Kaiserzeit. (en alemán), Editorial C.H.Beck, 1989, páxina 245, ISBN 9783406337949 (en galego: A literatura grega e latina no tempo dos emperadores)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Aeliani Varia historia (en grego antigo), Halle, en Libraria Orphanotrophei, 1826, 250 páxinas
- De natura animalium (en grego antigo) cunha introdución (en latín) de Friedrich Christian Wilhelm Jacobs e Johann Gottlob Schneider, Jena, Frommann Publishing, 1832, 719 páxinas