Abrir o menú principal
Bubalinos
Bubalina
Búfalos
Búfalo acuático (Bubalus bubalis)
Búfalo acuático (Bubalus bubalis)

Búfalo africano (Syncerus caffer)
Búfalo africano (Syncerus caffer)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Mammalia
Orde: Artiodactyla
Suborde: Ruminantia
Infraorde: Pecora
Familia: Bovidae
Subfamilia: Bovinae
Tribo: Bovini
Subtribo: Bubalina
Rütimeyer, 1865
Xéneros

A dos bubalinos (Bubalina) é unha subtribo de mamíferos artiodáctilos ruminantes da familia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos e tribo dos bovininos, que comprende dous xéneros:

Índice

Aspectos xeraisEditar

Os búfalos derivan dunha cepa común, que é asiática. Ao longo dos séculos apareceron diferenzas, de tal xeito que hoxe existen dúas liñaxes principais: os búfalos de Asia e os búfalos de África, que constitúen, respectivamente os xéneros Bubalus Hamilton Smith, 1827 e Syncerus Hodgson, 1847.

Preto dun millón de búfalos viven no continente africano, tres cuartas partes do cales en áreas protexidas desde o sur do Sáhara até o sur de Suráfrica.[1]

O búfalo foi domesticado en Asia e unha cepa foi importada en Europa (o chamado búfalo mediterráneo.

Os búfalos machos adultos pesan de 700 a 900 kg, contra os 500 kg de media nas femias. Os machos midenaté 3,5 m de lonxitude, cuha altura na cruz duns 1,70 m, e as búfalas uns 2,5 m de lonxituda e alcanzan unha altura na cruz duns 1,4 m.

Os únicos depredadores dos búfalos son o tigre en Asia e e león en África. Estes atacab unicamente a individuis vulnerábeis, como xuveís, vellos ou enfermos.

Grandes, fortes e musculados, os búfalos poden correr con gran velocidade, de até os 30 km/h os machos máis masivos, e de até os 55 km/h as fremias, máis lixeiras.[2] Menos rápidos que outros herbívoros, son moi poderosos e deféndense trucando cos seus cornis.

Os búfalos africanos son gregarios, irascíbeis e moi perigosos, e poden matar aos leóns ou aos cazadores.

Especies e subespeciesEditar

 
Carabao (Bubalus bubalis carabaemsis.
 
Anoa das chairas
(Bubalus deprerssicornis).

Os bífalos son ruminantes pertencentes á faminlia dos bóvidos, subfamilia dos bovinos. Existen dous xéneros:

1. Xénero Bubalus Hamilton Smith, 1827 - (búfalos asiáticos)

Algúns zoólogos dividen os búfalos asiáticos acuáticos (Bubalus bubalis) en tres especies:[3]

2. Xénero Syncerus Hodgson, 1847 - (búfalo africano)

 
Distribución de Syncerus caffer.

A sistemática do búfalo africano suscitou moitas discusinóns debido á gran variabilidase da especie.[5]

Por iso hai diferentes clasifficacións das subespecies, desde aurires que recoñecen só tres, S. c. brachycerus, S. c. caffer e S. c. nanus,[6][7] (véxase o mapa) a outros que admien catro, ou cinco, como fan a maioría dos autores, entre eles Wison & Reeder:[4]

FiloxeniaEditar

Segundo estudos xenéticos efectuados por Alexandre Hassanin e Anne Ropiquet en 2004,[8] os búfalos asiáticos e o africano son, polo menos a nivel de ADN mitocondrial, unha unidade monofilética.

Porén, un estudo exhaustivo das relacións dos bovinos, incluíndo tamén s ADN do núcleo celular segue pendente.

CladogramaEditar

Cladograma que mostra as relacións e ntre os xéneros Syncerys e Bubalus, así como de Bos", Bison e outros xéneros:

 
Búfalo acuático salvaxe (Bubalus arnee).





 Pseudoryx nghetinhensis





 Syncerus caffer



 Bubalus arnee



 Bubalus depressicornis









 Bison bonasus





 Bos primigenius







 Bison bison



 Bos mutus





 Bos gaurus



 Bos javanicus



 Bos sauveli






Notas:
- Bubalus mindorensis e Bubalus quarlesi non foron incluídos neste estudo.
- Bos rimigenius aquí simplifícase: os domesticados están representados mas formas B. p. f. taurus (boi) e B. p. f. indicus (cebú).

NotasEditar

  1. Revisyta GEO, n°384, febreuro de 2011, p. 80.
  2. Buffalo - Big 5 Kruger National Park
  3. Roth, J. & P. Myers (2004): Bubalis Bubalis. Universidade de Michigan. Museo de Zooloxía. [1].
  4. 4,0 4,1 Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.
  5. Dorst, J. & Dandelot, P. (1973), pp. 279-280.
  6. Haltenorth, R. & Doller, H. (1986), pp. 106-108.
  7. Syncerus no NCBI.
  8. Alexandre Hassanin & Anne Ropiquet (2004): "Molecular phylogeny of the tribe Bovini (Bovidae, Bovinae) and the taxonomic status of the Kouprey, Bos sauveli Urbain 1937". En: Molecular Phylogenetics and Evolution, 33 (3): 896–907.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Dorst, J. & Dandelot, P. (1973): Guía de campo de los mamíferos salvajes de África, Barcelona: Ediciones Omega, S. A.
  • Haltenorth, T. & Diller, H. (1986): A Field Guide of the Mammals of Africa including Madagascar. London: William Collins Sons & Co Ltd. ISBN 0-00-219778-2.
  • Kowalski, Kazimierz (1981): Mamíferos. Manual de teriología. Madrid: H. Blume Ediciones. ISBN 84-7214-229-9.
  • Wilson, D. E., & Reeder, D. M. (editors) (2005): Mammal Species of the World — A Taxonomic and Geographic Reference. Third edition. ISBN 0-8018-8221-4.

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar