Búfalo anano

Syncerus caffer nanus
(Redirección desde «Syncerus caffer nanus»)

O búfalo anano ou búfalo vermello (Syncerus caffer nanus) é a subespecie máis pequena de búfalo africano.[1] Está relacionado co búfalo do Cabo (Syncerus caffer caffer), co búfalo do Sudán (Syncerus caffer brachyceros) e co búfalo do Nilo (Syncerus caffer aequinoctialis). Porén, é a única das subespecies que habita nos bosques chuviosos de África central e occidental, onde as precipitacións roldan os 1 500 mm.[2] Ás veces é considerado unha especie á parte.[3]

Notas editar

  1. Korte 115
  2. Melletti et al. 1312
  3. Wilson, D.E.; Reeder, D.M., eds. (2005). Mammal Species of the World: A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed.). Johns Hopkins University Press. ISBN 978-0-8018-8221-0. OCLC 62265494.