Bertil Roos

piloto de automobilismo sueco


Bertil Roos, nado en Gotemburgo o 12 de outubro de 1943 e finado en East Stroudsburg (Pensilvania) o 31 de marzo de 2016[1] foi un piloto de automobilismo sueco. Participou nun único Gran Premio de Fórmula Un, o Gran Premio de Suecia de 1974, do que se retirou por unha falla na transmisión.

Infotaula de personaBertil Roos
Biografía
Nacemento12 de outubro de 1943 Editar o valor em Wikidata
Gotemburgo, Suecia Editar o valor em Wikidata
Morte31 de marzo de 2016 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
East Stroudsburg, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeSuecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro , piloto de automobilismo , piloto de carreiras , piloto de Fórmula Un Editar o valor em Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

A pesar de gozar da promesa precoz de gañar o título da Fórmula Super Vee en 1973 e tamén da Fórmula 2 en Europa e na Fórmula Atlántica no Canadá, Roos recibiu unha sóa oportunidade na Fórmula Un. El e o seu equipo, Shadow, non saíron particularmente ben e, finalmente, o equipo optou por traballar con Tom Pryce. Roos volveu aos Estados Unidos e o Canadá, onde continuou correndo.

Foi o primeiro instrutor de pilotaxe da escola de carreiras de Fred Opert en Pensilvania, preto do Pocono Raceway.[2] Unha empresa que comprou máis tarde. A escola está acreditada pola [SCCA] para poder recomendar aos graduados licenzas de carreira a nivel rexional e nacional.[3]

Aínda correndo na década de 1980, Roos foi dúas veces campión da Can-Am na categoría de 2 litros.[4]

Roos morreu no Centro Médico Pocono, East Stroudsburg, Pensilvania, o 31 de marzo de 2016.[1]

Rexistro de carreiras editar

SCCA National Championship Runoffs editar

Ano Circuíto Coche Motor Clase Final Saída Status
1987 Road Atlanta Martini Mk. 47 Formula Atlantic 13 4 Ret

Resultados completos na Fórmula Un editar

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 Pos. Puntos
1974 UOP Shadow Racing Team Shadow DN3 Cosworth V8 ARX BRA RSA ESP BEL MON SWE
Ret
NED FRA GBR ALE AUT ITA CAN USA NC 0

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Jenkins, Richard. "The World Championship drivers - Where are they now?". OldRacingCars.com. Consultado o 5 de abril de 2016. 
  2. "Roos Racing". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2007. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  3. "Roos Racing". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2007. Consultado o 17 de maio de 2018. 
  4. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2009. Consultado o 2010-03-27. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar