Bert Sakmann, nado o 12 de xuño de 1942 en Stuttgart, é un fisiólogo alemán. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina en 1991 con Erwin Neher polo seu traballo sobre "a función das canles iónicas individuais nas células" e a invención da técnica de patch clamp (pinza de parche).[1] Bert Sakmann foi profesor na Universidade de Heidelberg e é membro científico emérito do Instituto Max Planck de Investigación Médica de Heidelberg, Alemaña. Desde 2008, dirixe un grupo de investigación emérito no Instituto Max Planck de Neurobioloxía.

Infotaula de personaBert Sakmann

(2007) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1942 Editar o valor em Wikidata (81 anos)
Stuttgart Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña
Alemaña nazi Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversity College de Londres
Universidade de Freiburg im Breisgau
Universidade de Tubinga
Universidade de Múnic
Universidade de Gotinga Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoFisioloxía Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónbiólogo , médico , profesor universitario , biofísico , fisiólogo Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Gotinga
Universidade de Heidelberg Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoMoritz Helmstädter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Primeiros anos editar

A nai de Sakmann, de nome Annemarie (de solteira Schaefer) era unha fisioterapeuta, e o pai, Bertold Sakmann, un director de teatro. Bert Sakmann matriculouse na Volksschule de Lindau e completou o Wagenburg Gymnasium en Stuttgart en 1961.

Formación editar

Estudou Medicina a partir de 1967 en Tübingen, Friburgo, Berlín, París e Múnic. Despois de completar os seus exames médicos na Universidade Ludwig-Maximilians de Múnic, pasou a ser asistente médico en 1968 na Universidade de Múnic, mentres traballaba tamén como asistente científico (Wissenschaftlicher Assistant) na Universidade de Múnic.

Investigación e docencia editar

En 1971 trasladouse ao University College London, onde traballou no Departamento de Biofísica con Bernard Katz. En 1974, rematou a súa tese médica, baixo o título Elektrophysiologie der neuralen Helladaptation in der Katzenretina ("Electrofisioloxía da adaptación da luz neural na retina do gato") na Facultade de Medicina da Universidade de Göttingen.[2]

Máis tarde (aínda en 1974), Sakmann volveu ao laboratorio de Otto Creutzfeldt, que mentres tanto se trasladou ao Instituto Max Planck de Química-Biofísica de Göttingen. Sakmann uniuse ao grupo de bioloxía de membranas en 1979.

En 1990, aceptou un posto na Facultade de Medicina de Ciencias Naturais da Universidade de Heidelberg. Un ano despois, converteuse en profesor titular da Facultade de Bioloxía de Heidelberg.

O 2 de xuño de 2009, Peter Gruss, presidente da Max Planck Society, anunciou que Sakmann serviría como director científico do Max Planck Florida Institute, o centro de investigación biomédica da organización na Florida Atlantic University en Jupiter, Florida .

Sakmann é o fundador da Bert-Sakmann-Stiftung.


Predecesor:
Joseph Murray e Edward Donnall Thomas
 Nobel de Fisioloxía ou Medicina 
1991
Sucesor:
Edmon Fisher e Edwin Krebs

 
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Notas editar

  1. Hamill, O. P.; Marty, A.; Neher, E.; Sakmann, B.; Sigworth, F. J. (1981-08-01). "Improved patch-clamp techniques for high-resolution current recording from cells and cell-free membrane patches". Pflügers Archiv (en inglés) 391 (2): 85–100. ISSN 1432-2013. doi:10.1007/BF00656997. 
  2. "Bert Sakmann - Autobiography". 2010-12-15. Archived from the original on 15 de decembro de 2010. Consultado o 2021-06-11. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar