Bernardo González del Valle

militar español

Bernardo González del Valle, coñecido como Cachamuíña, nado na aldea de Cachamuíña (O Pereiro de Aguiar) o 23 de marzo de 1771 e finado o 6 de setembro de 1848, foi un militar galego, coñecido polo seu papel na reconquista de Vigo en 1809 na Guerra da Independencia Española.[1]

Modelo:BiografíaBernardo González del Valle

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1771 Editar o valor en Wikidata
Cachamuíña, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 1848 Editar o valor en Wikidata (77 anos)
Cachamuíña, España Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Pereiró Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarCoronel Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1386831 BUSC: gonzalez-del-valle-bernardo-1771-1848

Traxectoria

editar

Era fillo de Ignacio González, capitán do rexemento militar de Ourense. En 1791 foi designado subtenente das Milicias Provinciais, tralo cal incorporouse ao rexemento con base en Ferrol. As súas primeiras accións bélicas tiveron lugar no exército do Bidasoa contra os ingleses. Alí, levou a cabo varios actos heroicos, polo que foi ascendido a tenente. En 1800, xa de regreso en Ferrol, distinguiuse na batalla contra os ingleses, polo que foi ascendido a capitán.

No inicio da Guerra da Independencia participou nas batalla de Rioseco, Valmaseda e Espinosa de los Monteros, retirándose despois a León coa súa compañía de granados. Tras contactar co Marqués de la Romana, tomou o mando sobre as guerrillas da zona de Ourense. Xunto con outros granados dispersos que foi incorporando, a súa compañía levou a cabo importantes accións en Ourense e na comarca do Deza. Trala reconquista de Vigo, onde foi ferido cando derribaba a porta da Gamboa a machadazos, foi designado gobernador da vila.

En outubro de 1809 o Marqués de la Romana designouno gobernador da provincia de Tui. Alí organizou a Lexión do Ribeiro, da que foi comandante co grao de coronel.

En 1811 pediu a xubilación como inválido de guerra, séndolle concedida unha pensión mensual de 1800 reais, se ben non comezou a cobrar até 17 anos despois, logo de moitas instancias de protesta.

En 1829 cobraba décimos para o bispado de Lugo, e finalmente regresou á súa aldea natal. Estaba casado con Xosefa Ballesteros Carasa, sobriña do liberal Luís López Ballesteros e da que o rei Fernando VII estaba namorado.

En 1932 os seus restos mortais foron trasladados ao camposanto vigués de Pereiró.[2]

  1. Cebrián Ramos, Beatriz; Material Didáctico. Vigo, 1809: Reconquista Museo Municipal de Vigo "Quiñones de León".
  2. Estévez Rodríguez, Emilio (1997). "El traslado a Vigo de los restos mortales de Cachamuíña". Boletín del Instituto de Estudios Vigueses. n.º 3 Arquivado 01 de abril de 2018 en Wayback Machine. pp. 55-79 (en castelán).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar