Adriano López Morillo

militar galego

Adriano López Morillo, nado en Ferrol en 1837 e finado na Coruña o 30 de xaneiro de 1913,[1][2] foi un militar galego, membro numerario da Real Academia Galega.[3]

Adriano López Morillo
Nacemento1841
Lugar de nacementoFerrol
Falecemento1913 e 30 de xaneiro de 1913
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmilitar
CónxuxeDolores Pardo de Lama
FillosDolores López y Pardo
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Descendente de Pablo Morillo, foi fillo de Francisco López e María Manuela Morillo. En 1859 casou con Dolores Pardo de Lama y Pardo de Andrade.

Destinárono a Cuba e combateu na República Dominicana de 1865 a 1867, onde foi ferido de bala e feito prisioneiro durante vinte e un meses. Loitou contra os carlistas no País Vasco (1870-1871), na liberación do arsenal de Ferrol que caera en mans dos republicanos en 1872, o que lle valeu ascender a comandante, e pelexou contra os carlistas en Tarragona. En 1890 acadou o emprego de tenente coronel e en 1892 o de coronel, desempeñando durante dez anos o mando do rexemento de reserva da Coruña, onde finou co rango de xeneral de brigada.

Dirixiu El Tribuno e La Crónica de Luarca. Colaborou en El Correo Militar, onde publicou artigos en contra do servizo militar obrigatorio.

Ingresou na RAG o 17 de novembro de 1910 a proposta de Jaime Ozores de Prado, Francisco Tettamancy e Andrés Martínez Salazar, en sesión celebrada en Vigo, co discurso Un documento histórico poco conocido, respondido por Wenceslao Requejo Pérez[4], que fai referencia ao comportamento pouco favorable para Galicia de John Moore na Guerra de independencia contra os franceses. No momento do seu pasamento estaba a rematar a Historia de la guerra de Santo Domingo, inédita ata 1983.

Obra Editar

  • Un documento histórico poco conocido (discurso de ingreso na RAG, 1910)
  • "Sobre la desaparición de dos escuadrones del tren de artillería del ejército francés" (Boletín da Real Academia Galega, 1910)[5]

Notas Editar

Véxase tamén Editar

Bibliografía Editar

Ligazóns externas Editar