Wenceslao Requejo Pérez
profesor galego
Wenceslao Requejo Pérez, nado en Vigo o 4 de novembro de 1866 e finado na mesma cidade o 14 de outubro de 1947,[1] foi un profesor galego, membro fundador da RAG.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1866 Vigo, España |
Morte | 14 de outubro de 1947 (80 anos) Vigo, España |
Lugar de sepultura | Cemiterio de Pereiró |
Actividade | |
Lugar de traballo | Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo |
Ocupación | catedrático |
Membro de | |
Traxectoria
editarDoutor en Dereito, bibliófilo e gran orador, foi profesor de lexislación, economía política e xeografía, fundador e primeiro director da Biblioteca Municipal García Barbón de Vigo e director en varias etapas da Escola Municipal de Artes e Oficios, da que formou parte durante máis de cincuenta anos.[3]
Foi un dos membros fundadores da Real Academia Galega en 1905.[4] Xubilouse o 4 de novembro de 1936.[5]
Foi soterrado no Cemiterio de Pereiró.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 15-10-1947, p. 4 Arquivado 08-02-2018 en Wayback Machine. (en castelán).
- ↑ Membros de número RAG.
- ↑ Martínez Morás & 1946-1950.
- ↑ Carballo, R. (1975) [1963]. Historia da literatura galega contemporánea. Galaxia. p. 138. ISBN 84-7154-227-7.
- ↑ BOE. n.º 266 de 23/09/1939, p. 5282 (en castelán).
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Couceiro Freijomil, Antonio (1951-54). Diccionario Bio-bibliográfico de Escritores (en castelán) III. Bibliófilos Gallegos. p. 167.
- Martínez Morás, Marcelino (1946-1950). "Don Wenceslao Requejo Pérez". Boletín da Real Academia Galega (en castelán) (289-293): 142–144. ISSN 1576-8767. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 07 de febreiro de 2018.