George Bernard Shaw

dramaturgo irlandés
(Redirección desde «Bernard Shaw»)

George Bernard Shaw, nado en Dublín o 26 de xullo de 1856 e finado en Ayot St. Lawrence (Hertfordshire) o 2 de novembro de 1950, foi un escritor irlandés, gañador do premio Nobel de literatura en 1925 e dun premio Oscar en 1938.

Modelo:BiografíaGeorge Bernard Shaw

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento26 de xullo de 1856 Editar o valor en Wikidata
Dublín, Irlanda Editar o valor en Wikidata
Morte2 de novembro de 1950 Editar o valor en Wikidata (94 anos)
Ayot St. Lawrence, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da mortemorte accidental, insuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaShaw's Corner (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónRoyal Academy of Dramatic Art Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoBelas Artes Editar o valor en Wikidata
Ocupacióndramaturgo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1880 Editar o valor en Wikidata -
Partido políticoPartido Laborista Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoSátira Editar o valor en Wikidata
Influencias
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeCharlotte Payne-Townshend (1898–1943), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
PaisGeorge Carr Shaw Editar o valor en Wikidata  e Lucinda Elizabeth Shaw Editar o valor en Wikidata
IrmánsElinor Agnes Shaw
Lucinda Frances Shaw Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Шоу Джордж Бернард)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0789737 Allocine: 37738 Allmovie: p111039 IBDB: 5784
BNE: XX1023247 Dialnet: 2691008 iTunes: 2826135 Musicbrainz: 8e916344-c000-416f-9a1a-b1a74330edd0 Discogs: 1098357 IMSLP: Category:Shaw,_George_Bernard WikiTree: Shaw-5468 Find a Grave: 21639 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Shaw naceu nunha familia pobre e protestante. Educouse no Wesley College, e marchou a Londres en 1870.

Shaw volveuse vexetariano con vinte e cinco anos logo de ler a H. F. Lester[1]. Estaba en contra das viviseccións e dos deportes crueis cos animais, e a crítica á inmoralidade de comer carne animal é un tópico frecuente na súa obra. Máis tarde comezou a involucrarse na política, sendo concelleiro do distrito de St. Pancras desde 1897. Foi un socialista notable, destacado membro da Sociedade Fabiana, que defendía a transformación da sociedade a través de métodos non revolucionarios. En 1898 casou con Charlotte Payne-Townshend. Foi amigo de Gilbert Keith Chesterton e do compositor Edward Elgar.

Shaw criticou a execución dos líderes rebeldes do alzamento de Pascua, defendendo que todos os fogares destruídos poderían ser sempre reconstruídos. Shaw foi amigo persoal do líder Michael Collins, ao que invitou a cear na súa casa de Londres cando Collins negociaba o tratado anglo-irlandés con David Lloyd George.

Porén, Shaw defendía a morte para as persoas vagas, ineptas e opositoras. Pediu ás personalidades da ciencia a creación dun gas que matase de forma instantánea pero sen dor. Defendeu o nazismo e o fascismo de Mussolini pola súa acción, pero finalmente renegou do nazismo porque Hitler transformara a concepción marxista do nacionalsocialismo.[2].

Desde 1906 e até a súa morte viviu en Shaw's Corner, na vila de Ayot St. Lawrence, en Hertfordshire. A súa casa está actualmente musealizada. En 1971 reabriuse en Londres o Teatro Shaw.

Na súa primeira etapa en Londres escribiu cinco novelas que foron rexeitadas polas editoriais. Comezou a colaborar no xornalismo con crítica literaria e artística. Escribiu unha columna de crítica musical no periódico Star. Entre 1888 e 1890 firmou estas críticas co pseudónimo de Corno di Bassetto. En 1895 pasou a ser o crítico teatral do Saturday Review, primeiro paso cara á súa carreira como dramaturgo.

A súa primeira obra de éxito foi Candida, estreada en 1898. Outras obras dramáticas foron The Devil's Disciple (1897), Arms and the Man (1898), Mrs. Warren's Profession (1898), Captain Brassbound's Conversion (1900), Man and Superman (1903), Caesar and Cleopatra (1901), Major Barbara (1905), Androcles and the Lion (1912), e Pygmalion (1913), pola que en 1938 obtivo o Oscar ó mellor guión adaptado. Despois da primeira guerra mundial escribiu Heartbreak House (1919) e Saint Joan (1923).

Unha das características das súas obras son as longas introducións, ensaios (en ocasións máis extensos que a propia obra) onde daba a súa opinión —normalmente controvertida— sobre os temas tratados.

Shaw preocupouse polas incoherencias na escritura da lingua inglesa, deixando no seu testamento unha parte destinada á creación dun novo alfabeto fonético para ese idioma, proxecto que non se puido levar a cabo inicialmente pola falta de fondos. Porén, cos dereitos de autoría de obras como Pygmalion e My Fair Lady (musical baseado na obra de Shaw), desenvolveuse o alfabeto Shaviano.

  • Plays Unpleasant (publicadas en 1898):
    • Widowers' Houses (1892)
    • The Philanderer (1898)
    • Mrs. Warren's Profession (1898)
  • Plays Pleasant (publicadas en 1898):
    • The Man of Destiny (1897)
    • Arms and the Man (1898)
    • Candida (1898)
    • You Never Can Tell (1898)
  • Three Plays for Puritans (publicadas en 1901):
    • The Devil's Disciple (1897)
    • Captain Brassbound's Conversion (1900)
    • Caesar and Cleopatra (1901)
  • The Admirable Bashville (1901)
  • Man and Superman (1902–1903)
  • John Bull's Other Island (1904)
  • How He Lied to Her Husband (1904)
  • Major Barbara (1905)
  • The Doctor's Dilemma (1906)
  • Getting Married (1908)
  • The Glimpse of Reality (1909)
  • Misalliance (1910)
  • Dark Lady of the Sonnets (1910)
  • Fanny's First Play (1911)
  • Androcles and the Lion (1913)
  • Pygmalion (1912–1913)
  • Heartbreak House (1919)
  • Back to Methuselah (1921)
  • In the Beginning
  • The Gospel of the Brothers Barnabas
  • The Thing Happens
  • Tragedy of an Elderly Gentleman
  • As Far as Thought Can Reach
  • Saint Joan (1923)
  • The Apple Cart (1929)
  • On the Rocks (1933)
  • The Six of Calais (1934)
  • The Simpleton of the Unexpected Isles (1934)
  • Geneva, a Fancied Page of History in Three Acts (1938)
  • In Good King Charles' Golden Days (1939)
  • Shakes versus Shav (1949)
  • Village Wooing.

Novelas

editar
  • Immaturity (1879)
  • The Irrational Knot (1880)
  • Love among the Artists (1881)
  • Cashel Byron's Profession (1882–1883)
  • An Unsocial Socialist (1883)

Ensaios

editar
  • Quintessence of Ibsenism (1891)
  • The Perfect Wagnerite, Commentary on the Ring (1898)
  • Maxims for Revolutionists (1903)
  • Preface to Major Barbara (1905)
  • How to Write a Popular Play (1909)
  • Treatise on Parents and Children (1910)
  • Common Sense about the War (1914)
  • The Perfect Wagnerite: A Commentary on the Niblung's Ring (1923; crítica musical)
  • The Intelligent Woman's Guide to Socialism and Capitalism (1928)
  • The Black Girl in Search of God
  • Everybody's Political What's What? 1944
  • [[Shaw v. Chesterton, a debate between George Bernard Shaw and G. K. Chesterton.
Predecesor:
Władysław Reymont
Premio Nobel de literatura
1925
Sucesor:
Grazia Deledda
  1. Henderson, Archibald: George Bernard Shaw: Man of the Century. New York; Appleton-Century-Crofts Inc., 1956 (en inglés).
  2. El Nobel Bernard Shaw apoyó a Hitler y Stalin, documental emitido en Canal Historia (en castelán).

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar