Władysław Reymont

novelista polaco

Władysław Reymont, que é o alias literario de Władysław Rejment, nado en Kobiele-Wielkie o 7 de maio de 1867, finado en Varsovia o 5 de decembro de 1925, foi un novelista polaco, que foi galardoado co Premio Nobel de Literatura en 1924.

Władysław Reymont
Nobel prize medal.svg
Wladyslaw Reymont.jpg
Nome completoWładysław Stanisław Rejment
Nacemento7 de maio de 1867
 Kobiele Wielkie
Falecemento5 de decembro de 1925
 Varsovia
SoterradoCemitério de Powązki
NacionalidadeImperio Ruso e Segunda República Polonesa
EtniaPobo polaco
Ocupaciónescritor, novelista, guionista e prosista
CónxuxeAurelia Szacnajder Szabłowska
Coñecido/a porCamponeses e Terra Prometida
PremiosPremio Nobel de Literatura, comendador da Lexión de Honor, Officer of the Order of Polonia Restituta, Commander of the Order of Polonia Restituta, Grand Cross of the Order of Polonia Restituta e Orde da Aguia Branca
Na rede
IMDB: nm0721476 Discogs: 1126782 WikiTree: Rejment-1 Find a Grave: 9426040 Editar o valor em Wikidata
Władysław Stanisław Reymont podpis z książki Chłopi Tom I,II page005.jpg
editar datos en Wikidata ]
Monumento a Reymont en Lodz.

Seu pai era organista nunha aldea polaca e súa nai era de orixe nobre. Ambos querían que Władysław se fixese sacerdote, pero este tivo outros proxectos. Deixou a escola e desempeñou diversos oficios (actor de teatro, maquinista de ferrocarril), cambiando con frecuencia de lugar de residencia. Viaxou moito por Polonia e a través de Europa, pero a súa paixón sempre foi a literatura. Pertenceu á corrente literaria Polonia Nova.

A máis coñecida das súas novelas, Chłopi (Os labregos), 1904-1909), dividida en catro partes que levaban os nomes das estacións do ano, foi o seu principal aval para conseguir o premio Nobel en 1924, a pesar de que Stefan Zeromski era considerado un mellor candidato para que un escritor en lingua polaca obtivera este premio, pero este era profundamente antialemán.

ObraEditar

Véxase taménEditar