Benedicto Fuentes Díaz

guerrilleiro antifranqusita galego

Benedicto Fuentes Díaz, coñecido como de la Rula e Antón, nado en Covas (Viveiro) o 13 de abril de 1912 e finado en Ulloa (Curbián, Palas de Rei) o 2 de febreiro de 1946, foi un mariñeiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaBenedicto Fuentes Díaz
Biografía
Nacemento13 de abril de 1912 Editar o valor em Wikidata
Covas, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de febreiro de 1946 Editar o valor em Wikidata (33 anos)
Curbián, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mariñeiro aveciñado en Covas. Foi detido en outubro de 1934 con Tomás Álvarez Ínsua, Jesús Bellas Cao e Claudio Quelle Cociña, acusados de atentado con explosivos, deito polo que foron xulgados e condenados na Audiencia de Lugo o 1 de marzo de 1935.[1] Na prisión coñeceu a Manuel Fernández Valle. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. Foi xulgado na Coruña por rebelión militar e declarado en rebeldía. O 23 de maio de 1939 foi acusado dos disparos que lle causaron posteriormente a morte a Juan Fernández Casal, veciño de Covas, que en realidade ían dirixidos ao seu cuñado Severino Sanjurjo Fernández, fuxido que se presentara ás autoridades.[2] Entre 1943 e 1944 formouse o grupo guerrilleiro do Alto Ulla con varios membros do grupo Neira, Curuxás e algúns dos seus compañeiros entre eles Benedito Fuentes, que se integrou na Agrupación Guerrilleira de Galicia en 1944. En 1945 Curuxás integrouse no grupo de Marrofer, que se encargaba das zonas de Melide e Alto Ulla, no grupo tamén está Benedito, que participou na morte do párroco do Meire, Juan Penido Fernández “Mingacho”. A finais de 1945 a dirección do PCE encárgoulle a Marrofer a creación e dirección da IV Agrupación guerrilleira e o grupo do Alto Ulla pasou a estar mandado polo propio Benedicto Fuentes, e entre os integrantes figuraban Evaristo Candelas, Francisco Gómez Núñez “Trotsky”, Jesús Iglesias Escourido “Tizón”, Leonardo Gómez Pérez “Trancas” e Domingo Villar Torres “Domingo de Cancela”. O 2 de febreiro de 1946, tiveron un enfrontamento coa Garda Civil en Vilauxa, no camiño de Ulloa a Leilón no que morreu Benedicto. No enfrontamento tamén morreu o sacerdote Francisco Salgado Agra, que acompañaba aos gardas, e resultou ferido o garda civil Félix Rodríguez Celeiro.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 2-3-1935, p. 12.
  2. Parrado (2009).

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nuevo, Carlos (1977). "Antes e despois da guerra en Viveiro". O 36 na Galiza. Vigo: A Nosa Terra. 
  • Parrado, Carlos (2009). Curuxás, o guerrilleiro que non cazou Franco. Vigo: A Nosa Terra. pp. 163–179. ISBN 84-87783-79-1. 

Ligazóns externas editar