Jesús Iglesias Escourido

xornaleiro e guerrilleiro antifranquista galego

Jesús María Iglesias Escourido, coñecido como Franco e Tizón, nado en Covas (Viveiro) en 1909 e finado no mesmo concello en 1983, foi un xornaleiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaJesús Iglesias Escourido
Biografía
Nacemento1909 Editar o valor em Wikidata
Covas, España Editar o valor em Wikidata
Morte1983 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Viveiro, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornaleiro , guerrilleiro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Xornaleiro aveciñado en Covas. Ao estalar o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu ao monte. O 23 de xuño de 1937 participou no intento de asalto da tarrafa viveirense Nosa Señora das Dores cos irmáns Benedicto e Cesareo Díaz Fuentes, Modesto Villar Ínsua e Francisco Gómez Núñez “Trostky”, co obxectivo de fuxir á zona republicana. Por este feito foi xulgado en Ferrol acusado de rebelión militar, sendo declarado fuxido e en rebeldía. Finalmente uniuse ao Grupo Neira. Os seus irmáns foron detidos e encarcerados no campo de concentración de Arnao (As Figueiras, Castropol) en xullo de 1940 para obrigalo a entregarse.[1] Foi procesado en 1942 polo Xulgado Militar de Ferrol na causa 531/42 acusado de roubo a man armada e asasinato.[2] A partir de 1942 converteuse no xefe dun pequeno destacamento especializado en accións de propaganda. En 1945 integrouse no grupo comandado por Benedicto Fuentes Díaz que actuaba nas zonas de Melide e Alto Ulla con Evaristo Candelas, Francisco Gómez Núñez “Trotsky”, Leonardo Gómez Pérez “Trancas” e Domingo Villar Torres “Domingo de Cancela”. En 1946, considerando que a loita armada se transformara nunha "provocación innecesaria", resistiu coas armas na man aos dirixentes da IV Agrupación Guerrilleira que viñeran pedirlle "que elevara el nivel de la lucha". Logo da evasión do Santa Teresa en decembro de 1946, creou un dos grupos que actuaban na comarca. Foi novamente procesado en 1949 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo na causa 339/49 xunto con Amador Iglesias Pardo, Modesto Serantes, Plácido Rivera Cociña e Juan Casabella; e na causa 365/49.[3] Publicouse unha nova requisitoria contra eles en abril de 1950.[4] Jesús Iglesias rendeuse á Garda Civil de Viveiro en agosto de 1951. Foi condenado a 20 anos de prisión. Despois da súa liberación volveu coa familia e abriu o bar Tizón en Viveiro. Morreu en 1983.

Notas editar

  1. Los Iglesias Escourido, siete hermanos de Viveiro presos en el campo de concentración de Arnao.
  2. Requisitoria, La Voz de Galicia, 26-8-1943, p. 2
  3. Requisitorias, El Progreso, 13-11-1949, p. 2.
  4. El Progreso, 21-4-1950, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • García Rodríguez, Fernando (2020). Memoria de Arnao, campo de concentración de Figueras. Mandala. ISBN 9788418115660. 

Ligazóns externas editar