Plácido Rivera Cociña

guerrilleiro antifranquista galego

Plácido Rivera Cociña, coñecido como Plácido, nado en Galdo (Viveiro) cara a 1910, foi un mineiro e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaPlácido Rivera Cociña
Biografía
Nacemento1910 Editar o valor em Wikidata (113/114 anos)
Galdo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo de Dolores Rivera Cociña. Mineiro militante da CNT de Viveiro. Na República era alcalde pedáneo de Galdo. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi un dos organizadores da resistencia en Viveiro e dunha columna de milicianos que partiu de Viveiro cara Coruña. Fuxiu e foi xulgado por rebelión na causa 333/37 e declarado en rebeldía.[1] Foi detido o 25 de marzo de 1940 e retomouse o seu proceso, sendo condenado a 12 anos de prisión. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en 1941.[2] O 25 de setembro de 1941 foi conducido á prisión de Sevilla. Nos anos corenta integrouse no Grupo Neira. Encartado na causa 409/44 por atraco a man armada, foi reclamado polo xuíz militar de Lugo en xuño de 1945.[3] Foi novamente procesado en 1946 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo nas causas 402/45,[4] e 386/45 por roubo a man armada.[5] Incorporouse ao grupo de Leonardo Gómez Pérez da III Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia na zona de Lugo. Foi novamente procesado en 1949 polo Xulgado Militar Eventual número 1 de Lugo na causa 339/49 xunto con Amador Iglesias Pardo, Modesto Serantes, Jesús Iglesias Escourido e Juan Casabella.[6] Publicouse unha nova requisitoria contra eles en abril de 1950.[7] Presentouse ás autoridades o 4 de novembro de 1951. Xulgado, foi condenado a prisión. Preso na Colonia Penitenciaria del Dueso (Santoña), saíu en liberdade provisional en 1959.[8]

Notas editar

  1. BOP Lugo, 17-4-1937, p. 2.
  2. BOP Lugo, 4-7-1941, p. 3.
  3. BOP Lugo, 11-6-1945, p. 2.
  4. BOP Lugo, 22-4-1946, p. 2.
  5. BOP Lugo, 26-4-1946, p. 4.
  6. Requisitorias, El Progreso, 13-11-1949, p. 2.
  7. El Progreso, 21-4-1950, p. 2.
  8. BOE, 17-4-1959, p. 5771.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. p. 117. ISBN 84-8485-231-8. 

Ligazóns externas editar