Jesús Bellas Cao

mineiro e sindicalista galego

Jesús Bellas Cao, nado en Muras cara a 1891 e finado en Lugo o 17 de xuño de 1937, foi un mineiro e sindicalista galego.

Infotaula de personaJesús Bellas Cao
Biografía
Nacemento1891 Editar o valor em Wikidata
Muras, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de xuño de 1937 Editar o valor em Wikidata (45/46 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmineiro , sindicalista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Mineiro. Membro do Sindicato Único de Oficios Varios de Viveiro da CNT. Foi detido en outubro de 1934 con Tomás Álvarez Ínsua, Benedicto Fuentes Díaz e Claudio Quelle Cociña, acusados de atentado con explosivos, deito polo que foron xulgados e condenados na Audiencia de Lugo o 1 de marzo de 1935; Jesús foi condenado a seis meses e un día de prisión.[1] Comisionado en 1936 para realizar actos de propaganda e difusión do sindicato en Foz e San Cibrao. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 organizou con Manuel Rodríguez Lago a requisa de armas e camións para a defensa da República. Foi detido e internado no depósito de Viveiro o 14 de abril de 1937. Foi xulgado en Lugo por rebelión militar e condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo o 17 de xuño de 1937.

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 2-3-1935, p. 12.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar