Basilio de Trebisonda

Basilio Comneno (en grego: Βασίλειος Μέγας Κομνηνός, Basíleios Mégas Komnēnós), finado o 6 de abril de 1340, foi emperador de Trebisonda desde agosto de 1332 até a súa morte en 1340.

Modelo:BiografíaBasilio de Trebisonda

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(el) Βασίλειος Μέγας Κομνηνός Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1315 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Morte6 de abril de 1340 Editar o valor en Wikidata (24/25 anos)
Causa da morteveleno Editar o valor en Wikidata
Emperador de Trebisonda
setembro de 1332 – abril de 1340
← Manuel II de TrebisondaIrene Paleóloga de Trebisonda → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDinastía Ducas-Comneno e Q3853907 Traducir Editar o valor en Wikidata
CónxuxeIrene de Trebizonda (1339 (Gregoriano)–)
Irene Paleóloga de Trebisonda (1334–) Editar o valor en Wikidata
FillosAlexios Comnenos
 () Irene de Trebizonda
Maria de Trebizonda
 () Irene de Trebizonda
Aleixo III de Trebisonda
 () Irene de Trebizonda
Teodora de Trebizonda
 () Irene de Trebizonda Editar o valor en Wikidata
PaisAleixo II de Trebisonda Editar o valor en Wikidata  e Jiajak Jaqeli
Beka I Jaqeli Editar o valor en Wikidata
IrmánsAndrónico III de Trebisonda
Ana de Trebisonda Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Basilio era o fillo máis novo do emperador Aleixo II Comneno e a súa esposa Djiadjak Jaqeli. Cando o seu irmán máis vello Andrónico III ascendeu ao trono en 1330 e matou a dous dos seus irmáns (Miguel e Xurxo), Basilio deu escapado a Constantinopla.

Despois da morte de Andrónico III, durante o reinado do seu fillo pequeno, Manuel II, o partido probizantino en Trebisonda chamou a Basilio de Constantinopla para ocupar o trono. En agosto de 1332 Manuel foi deposto e enviado a un mosteiro, mentres que Basilio foi coroado emperador. Basilio purgou a corte de seguidores do seu irmán e sobriño, pero o seu recentemente nomeado megaduque, un tal Xoán, sublevouse en favor do deposto Manuel. A rebelión foi esmagada e para evitar máis problemas o neno foi asasinado en 1333, probabelmente baixo as ordes de Basilio.

En lugar de pór fin á loita entre as faccións, el alentouna aínda máis. Os nobres de todo o Imperio comezaron a actuar como pequenos príncipes, tendo señoríos sobre os seus propios estados, reducindo rapidamente o campo á anarquía, mentres que Basilio continuou a facerse odiar. Tal era a súa impopularidade entre os habitantes da cidade, que cando tivo lugar unha eclipse solar tomárono como un sinal de ira divina e obrigaron ao emperador a buscar refuxio na cidadela.

En 1335, Basilio formou unha alianza matrimonial co emperador bizantino Andrónico III Paleólogo, con cuxa filla ilexítima Irene casou. Pouco despois, as relacións entre ambos se deterioraron rapidamente. Basilio tivo unha amante tamén chamada Irene, con quen procreou catro fillos ilexítimos.

A incómoda situación na capital foi aproveitada polos turcománs, que atacaron Trebisonda pero foron rexeitados.

Basilio morreu o 6 de abril de 1340, ao parecer, envelenado pola súa esposa lexítima, Irene Paleóloga, que rapidamente se apoderou do trono.

Devanceiros

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Miklosich, F. – Müller, J. (eds), Acta et diplomata Graeca Medii Aevi sacra et profana 1 (Wien 1860).
  • Bekker, I. – Schopen, L. (ed.), Nicephori Gregorae, Byzantina Historia 1. Corpus Scriptorum Historiae Byzantinae (Bonn 1829), pp. 548–549.
  • Λαμψίδης, Ο. (ed.), «Μιχαήλ του Παναρέτου περί των Μεγάλων Κομνηνών», Aρχείον Πόντου 22 (1958), pp. 64–64.
  • Λαμψίδης, Ο. (ed.), Ανδρέου Λιβαδηνού, Βίος και Έργα (Αθήνα 1975).