Andrónico III de Trebisonda
Andrónico III Comneno (en grego: Ανδρόνικος Γ΄ Μέγας Κομνηνός, Andrónikos III Mégas Komnēnós), nado aprox. en 1310 e finado en 1332, foi emperador de Trebisonda desde 1330 até 1332. Foi o fillo máis vello do emperador Aleixo II de Trebisonda e da súa esposa ibera, Djiadjak Jaqeli de Samckhe.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1310 (Gregoriano) ![]() Trebisonda ![]() |
Morte | 8 de xaneiro de 1332 ![]() Trebisonda ![]() |
Causa da morte | Peste bubónica ![]() |
Emperador de Trebisonda | |
1330 – 1332 ← Aleixo II de Trebisonda – Manuel II de Trebisonda → ![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio de Trebisonda Imperio Bizantino ![]() |
Actividade | |
Ocupación | monarca ![]() |
Familia![]() | |
Familia | Dinastía Ducas-Comneno ![]() |
Fillos | Manuel II de Trebisonda ![]() |
Pais | Aleixo II de Trebisonda ![]() ![]() ![]() |
Irmáns | Basilio de Trebisonda e Ana de Trebisonda ![]() |
Traxectoria
editarUnha das súas primeiras accións cando se converteu en emperador foi dar morte aos seus dous irmáns máis novos, Xurxo Azachoutlou e Miguel Achpougas. O seu outro irmán Basilio logrou fuxir a Constantinopla, onde o seu tío Miguel estaba residindo probabelmente.
Morreu en 1332 despois dun reinado de 20 meses e foi substituído brevemente polo seu fillo posibelmente ilexítimo, Manuel II. Os crimes de Andrónico sorprenderan tanto aos habitantes de Trebisonda que se dividiron en faccións, pondo o imperio ao bordo da guerra civil. As fontes que se preservaron non dan moitos detalles sobre as circunstancias do seu curto reinado.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Miller, W. (1926). Trebizond: The Last Greek Empire of the Byzantine Era. Chicago.