Bascuas, San Salvador de Parga, Guitiriz
lugar da parroquia de San Salvador de Parga, no concello de Guitiriz
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Bascuas.
Bascuas é un lugar da parroquia de San Salvador de Parga no concello lugués de Guitiriz na comarca da Terra Chá. Segundo o Instituto Galego de Estatística en 2007 tiña 14 habitantes (oito homes e seis mulleres), dous menos ca en 2000.
Bascuas | |
---|---|
Ermida da Virxe de Bascuas, Museo de Arte e Cultura Relixiosa Popular. | |
Parroquia | San Salvador de Parga |
Concello | Guitiriz |
Coordenadas | 43°13′26″N 7°49′46″O / 43.22378534, -7.82951832Coordenadas: 43°13′26″N 7°49′46″O / 43.22378534, -7.82951832 |
Poboación | 11 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarNa ermida da Virxe consérvase unha estela de orixe romana, reutilizada no lintel da porta que dá entrada á sancristía desde a nave. A estela é de carácter funerario, ofrecida por Severina, e sobre a epígrafe ten debuxado un círculo solar, unha media lúa e círculos de forma simétrica[1].
Notas
editar- ↑ Estela de Bascuas na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Lugares e parroquias
editarLugares de San Salvador de Parga
editarLugares da parroquia de San Salvador de Parga no concello de Guitiriz (Lugo) | |
---|---|
Bascuas | O Cando | Casal | A Casanova | Enfestela | A Ermida | Locencia | A Mámoa | Mirón | Pereira | Revixoso | Samesode | O Seixo | Os Teixidos | Vigo | Vilaverde |