Barcelona-Estació de França

estación de ferrocarril en Barcelona

Coordenadas: 41°23′02″N 2°11′10″L / 41.384, 2.186

Barcelona-Estació de França (en galego: Estación de Francia) é unha estación de ferrocarril da cidade de Barcelona. É a estación terminal da liña Barcelona-Xirona-Portbou e nela paran trens da liña R2 sud de rodalies, varios servizos rexionais e algúns de Longa distancia.

Barcelona-Estació de França
Vista da Estación de Francia coa cidade de Barcelona detrás.
SituaciónBarcelona
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Euromed, Talgo
Media distanciaR13 R14 R15 R16 Ca6
CercaníasR2Sud
Intermodalidade
Metro
Bus
14, 39, 51

A estación entrou en servizo en 1929 substituíndo a estación de Granollers ou Barcelona Término, construída en 1854 cando entrou en servizo o tramo construído por Camins de Ferro de Barcelona, entre Barcelona e Granollers.[1]

É a segunda estación máis importante da cidade, despois de Barcelona-Sants, por ser cabeceira dos trens de Longa distancia que se dirixen a Francia e cabeceira da maioría dos rexionais que veñen do sur e leste de Cataluña.

Situación editar

Atópase na Avinguda del Marquès de l'Argentera, que fóra Eduard Maristany, impulsor da actual estación monumental. Está no distrito de Ciutat Vella, preto da Barceloneta e do Parque da Ciutadella e non moi lonxe da Vila Olímpica. A menos de 500 m encóntrase a estación de Barceloneta do metro de Barcelona, onde se pode colle-la liña 4.

Trens editar

Rodalies Renfe / Media Distancia Renfe editar

 
Interior da estación
Liña seguinte destino
Rodalies Barcelona de Renfe
  Barcelona-Passeig de Gràcia Vilanova i la Geltrú
Sant Vicenç de Calders
Media Distancia
    Barcelona-Passeig de Gràcia Lleida-Pirineus
  Reus
Móra la Nova
Flix
Riba-roja d'Ebre
  Cambrils
Tortosa
Vinaròs
Valencia-Nord
  Caspe
Zaragoza-Delicias

Longa Distancia editar

Nome do servizo Destino
Euromed Valencia-Joaquín Sorolla
Alvia Madrid-Puerta de Atocha
Talgo
Torre del Oro
Sevilla-Santa Justa

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Alcaide González, Rafael (1 de agosto de 2005). Universitat de Barcelona, ed. "El ferrocarril como elemento estructurador de la morfología urbana: El caso de Barcelona 1848-1900". Scripta Nova Vol. IX, núm. 194 (65). Consultado o 23 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar