Estación de Valencia-Joaquín Sorolla

Coordenadas: 39°27′38″N 00°22′56″O / 39.46056, -0.38222

Valencia-Joaquín Sorolla é a estación ferroviaria de alta velocidade da cidade de Valencia. É unha estación provisional e de carácter terminal. Leva o nome do pintor Joaquín Sorolla, nado na cidade.

Valencia-Joaquín Sorolla
EstaciónAVEValenciaJoaquínSorolla.jpg
Exterior da estación
SituaciónValencia
ServizosAseosServizos adaptadosAparcadoiroCafeteríaCarros portavultosVenda de billetesInformación
Liñas
Alta velocidadeAVE
Longa DistanciaAlvia, Euromed
Media distanciaAvant
Intermodalidade
BSicon CLRV.svg
Metro
Isotip de Metrovalència.svg MetroValencia
BSicon CLRV.svg
Bus
Autobuses e Metrobús EMT

Situación ferroviariaEditar

A estación atópase no punto quilométrico 397,55 da liña férrea de alta velocidade que une Madrid con Levante.

HistoriaEditar

Situada no centro da capital valenciana, a 800 m ao sur da Estación do Norte foi construída entre 2008 e 2010 aproveitando as transformacións urbanísticas da cidade de principios do século XXI para instalarse nun extenso soar próximo á praia de vías. Inaugurouse o 18 de decembro de 2010.[1]

A estaciónEditar

O edificio é de planta rectangular con dúas zonas claramente diferenciadas: o gran hangar, de planta igualmente rectangular, e o edificio de viaxeiros propiamente dito, de planta en U e alicerces independentes da estrutura do hangar.

As fachadas están ritmicamente desenvolvidas segundo módulos de policarbonato acristalado propio dunha estrutura provisional e desbotable como é esta. O proxecto e a dirección da obra correron a cargo dos arquitectos Luis Almeida Duarte e Elvira Puchades Gimeno e a xestión do proxecto a cargo de Jorge Bernabeu Larena e Elvira Puchades Gimeno da empresa ACXT/IDOM.

Servizos ferroviariosEditar

Longa DistanciaEditar

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Requena-Utiel Valencia-Joaquín Sorolla 10/15 trens diarios por sentido
AVE Sevilla-Santa Justa Córdoba-Central · Puertollano · Cidade Real · Cuenca-Fernando Zóbel Valencia-Joaquín Sorolla 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Albacete-Los Llanos · Xàtiva Valencia-Joaquín Sorolla 6 trens semanais por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Cuenca-Fernando Zóbel · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim · Orpesa · Benicarló-Peníscola Vinaròs 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Puerta de Atocha Valencia-Joaquín Sorolla · Cullera Gandia 1 tren diario por sentido no verán
Alvia Xixón Oviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim Orpesa 6 trens semanais por sentido
Euromed Barcelona-Estació de França Barcelona-Sants · Tarragona · Castelló de la Plana Valencia-Joaquín Sorolla 7 trens diarios por sentido
Euromed Barcelona-Sants Tarragona · Castelló de la Plana · Valencia-Joaquín Sorolla Alacant-Terminal 4 trens diarios por sentido

Media distanciaEditar

Actualizados a 2 de xullo de 2016.

Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
Avant Requena-Utiel <> Valencia-Joaquín Sorolla

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar