Banco Central (España)

O Banco Central (BC) foi un banco privado español que desapareceu como tal ao fusionarse co Banco Hispano Americano, formando o BCH, e posteriormente co Banco Santander, formando o BSCH.

Edificio das Cariátides, antiga sede principal do Banco Central en Madrid (actualmente ocupado polo Instituto Cervantes).
Antigo edificio do Banco Central en Barcelona, actualmente ocupado por El Corte Inglés.

Tiña a súa sede no "edificio das Cariátides" de Madrid desde a súa fusión co Banco Español del Río de la Plata, do que era sede anteriormente.

Historia editar

Foi creado en 1919 a partir da unión de oito bancos pequenos. Posteriormente continuou comprando bancos -entre eles o Banco Español del Río de la Plata (1947) e o Banco de Tortosa (1951)- até converterse no primeiro banco privado de España nos anos 1980.

Foi un grande emprendedor industrial a principios do século XX, creando empresas como Minero Siderúrgica de Ponferrada, Saltos del Sil, Cementos Cosmos etc.

En 1981 tivo lugar o atraco á sucursal do banco en Barcelona, situado na praza de Cataluña, no que durante 36 horas estiveron retidos máis de 200 empregados e clientes.

Nos anos 1980 o banco realizou un proceso de expansión fóra de España, principalmente en Latinoamérica, coa adquisición de distintos bancos e a compra da maioría das accións doutros, como:

  • O Banco de Asunción en Paraguai (1981),[1]
  • O Banco Popular Argentino (1966, expropiado polo goberno de Héctor Cámpora e restituído aos seus propietarios tras o golpe militar de 1976),[2]
  • O Banco de Talca en Chile (1982),[3]​​ e
  • O Banco Panamericano no Uruguai (1982).[4]

Ademais abriu sucursais noutros países, como, por exemplo, en Panamá (1981),[5]​ e no Perú (1984).[6]

Finalmente, o BC fusionouse co Banco Hispano Americano en 1991 para formar o Banco Central Hispano Americano, coñecido comercialmente como Central Hispano (BCH). Nese momento o seu presidente era Alfonso Escámez.

Posteriormente, o BCH fusionouse co Banco Santander para crear o Banco Santander Central Hispano, BSCH, que hoxe en día recuperou o nome de Banco Santander.

Notas editar

  1. "El Banco Central, accionista mayoritario del Banco de Asunción, de Paraguay". El País. 3 de novembro de 1981. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  2. "Contactos oficiales y privados del ministro argentino de Hacienda en Madrid". El País. 23 de xullo de 1976. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  3. "El Banco Central adquiere 33 sucursales del Banco Talca de Chile". El País. 18 de abril de 1982. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  4. "El Central adquiere el Banco Panamericano de Uruguay". El País. 24 de abril de 1982. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  5. "El Banco Central abre oficinas en Panamá". El País. 15 de setembro de 1981. Consultado o 3 de marzo de 2021. 
  6. "El Banco Central comienza a operar en Perú". El País. 24 de febreiro de 1984. Consultado o 3 de marzo de 2021. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Gabriel Tortella Casares, "El Banco Central en el período de entreguerras o cómo llevar una empresa a la ruina" ISSN 0214-1590, nº. 17-18, 2001, páxs. 241-272. Ficha en Dialnet.

Ligazóns externas editar