Baltasar Vázquez

mestre e político galego

Baltasar Vázquez Fernández, nado en Gabín (Montederramo) o 26 de outubro de 1905 e finado na Gudiña en 1995, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaBaltasar Vázquez
Biografía
Nacemento26 de outubro de 1905 Editar o valor em Wikidata
Gabín, España Editar o valor em Wikidata
Morte1995 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
A Gudiña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesDavide Ribalta (en) Traducir (neto) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Estudou o maxisterio no Colexio-Seminario do Ave María, estando no internado do Padre Manjón en Granada. De volta a Galicia, foi mestre interino en Xunqueira de Ambía (1925). Aprobou as oposicións de 1928. Foi mestre en Zorelle e despois en Bustavalle (Maceda). Militante comunista, era membro da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza de Orense, e a partir de 1932 pasou a dirixir a súa revista Escuela de Trabajo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi destituído. Agochado no faiado da casa dos sogros en Maceda, despois en Gabín e finalmente no monte. Estivo tres meses de criado na casa dun veciño de Montederramo e logo agochado na serra da Queixa. Ao rematar a guerra entregouse. Ingresou na cadea o 15 de xuño de 1939. Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi sentenciado a cadea perpetua. Internado na Prisión Provincial de Ourense, saíu en liberdade provisional en 1941.[1] Estivo un tempo en Montederramo dando clases particulares de Bacharelato e traballando como capataz na repoboación forestal. Trasladouse a Valladolid e foi encargado de FASA e deu clases particulares. Revisado o seu expediente de depuración, reingresou no Maxisterio en 1964. Incorporouse como mestre en Olmedo en 1965 e ao ano seguinte conseguiu o traslado a Forcarei.[2] O seu último destino foi A Gudiña, onde se xubilou en 1975.

Vida persoal editar

Casou en Maceda con Gloria Movilla Carnero en 1932.

Notas editar

  1. BOE, 9-5-1941, p. 3271.
  2. La Voz de Galicia, 24-7-1966, p. 3.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Cid Fernández, Xosé Manuel (2013). "Baltasar Vázquez Fernández (1905-1995), de alumno das Escolas Ave María a mestre da A.T.E.O.". Murguía (27-28): 11–25. 

Ligazóns externas editar