Azolla

xénero de plantas
(Redirección desde «Azollaceae»)

Azolla é un xénero de pteridófitas (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas e orde das salviniales, un dos dous comprendidos na familia das salviniáceas.[1]

Taxonomía

editar

Descrición

editar

O xénero foi descrito en 1783 polo naturalista francés Jean-Baptiste Lamarck na súa obra Encyclopédie méthodique. Botanique. Tome 1er (1): 343.[2]

Etimoloxía

editar

Lamarck deulle este nome a unha planta traída por Philibert Commerson do Estreito de Magallanes, e a orixe do nome podería ser simplemente o que a poboación local lle daban a esta planta.[3]

Especies

editar

Dentro do xénero recoñécense na acualidade as seguintes 7 especies:[1]

Nota taxonómica

editar

Anteriormente, ou ás veces aínda hoxe en día, algúns autores consideran o xénero como o único da familia das azoláceas (Azollaceae).[4][5] Pero esta familia non é admitida polo WoRMS,[6] e outras bases de datos e, a maioría dos autores, incluén o seu único xénero na familia das salviniáceas.

Características

editar

As especies deste xénero forman alfombras' que cobren a auga o son arrastradas polo vento cara a unha beira, e vólvense rapidamente tan densas que impiden que a luz solar penetre no corpo de auga, o que pode contribuír a fenómenos de distrofización, o estado extremo da eutrofización, que conduce á morte de organismos animais e vexetais superiores debido á anoxia (falta case total de oxíxeno) do medio.

As especies de Azolla presentan unha asociación simbiótica con cianobacterias. Estes microorganismos agrúpanse en criptas no envés das frondes flotantes: así quedan protexidos. A simbiose permite que o fieito se desenvolva mellor ao aproveitar as capacidades de absorción de nitróxeno atmosférico das cianobacterias (o nitróxeno xeralmente é o nutriente que limita o crecemento das plantas).

Reprodución

editar

En inverno as especies de Azolla morren. As esporas que estes fietitos desprenderon en outono permiten que volvan a estar presentes na primavera seguinte. Pero é a división dos seus talos o que lles permiten poboar rapidamente un contorno.

Alimentación animal

editar

Ademais do seu cultivo tradicional como biofertilizante nos arrozais (debido á súa capacidade para fixar nitróxeno no solo), as Azolla sp. encontraron uso na produción de pensos. As especies de Azolla son ricas en proteínas, aminoácidos esenciais, vitaminas e sales minminerais. Hai estudos que demostran que a alimentación de vacas leiteiras, porcos, patos e galiñas con Azolla sp. permiten aumentos significativos na produción de leite, no peso dos polos e na produción de ovos en comparación cos alimentos convencionais. Un estudo da FAO describe como Azolla sp. incorporadas á biomasa agrícola reduce a necesidade de achegas adicionais.

Asociación

editar

As especies de Azolla utilizáronse, durante polo menos mil anos, nos campos de arroz como planta compañeira, debido á súa capacidade para fixar nitróxeno e bloquear a luz para evitar a competencia doutras plantas, ademais do arroz, que medra o suficiente como para sobresaír da auga a través da alfombra destes fieitos.

Larvicida

editar

Ademais da súa función como biofertilizante, as especies de Azolla utilizáronse para controlar as larvas de mosquitos nos campos de arroz. A planta crece nunha alfombra grosa na superficie da auga, o que reduce a velocidade á que o oxíxeno se disolve na auga e asfixia eficazmente ás larvas.

Galería

editar
  1. 1,0 1,1 Salviniaceae Martinov en World Flora Online. Consultado o 20 de marzo de 2021.
  2. Azolla Lam., 1783, en World Flora Online. Consultado o 20 de marzo de 2021.
  3. Seckbach, Joseph & Grube, Martin, eds. (2010): Symbioses and stresses. Berlín, Alemaña: Springer. ISBN 978-9-0481-9449-0.
  4. Salviniales Arquivado 01 de marzo de 2021 en Wayback Machine. no ITIS. Consultado o 20 de marzo de 2021.
  5. Azollaceae en floravascular.com
  6. Salviniaceae Martinov, 1820 no WoRMS.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar