Azolla nilotica

especie de planta

Azolla nilotica é unha especie de pteridófita (fentos ou fieitos) da clase das polipodiópsidas, orde das salviniales e familia das salviniáceas, unha das sete comprendidas no xénero Azolla.[2]

É un pequeno fieito acuático flotante de distribución africana que posúe, como as demais especies do xénero, unha alga simbionte (unha cianobacteria do xénero Anabaena, A. azollae) que fixa o nitróxeno.[3]

Como outras salviniáceas é unha planta invasora.

Notas editar

  1. : Beentje, H. J. & Ali, M. (2018); Azolla nilotica na Lista vermella da UICN. Versión 2021-1. Consultada o 5 de abril de 2021.
  2. Azolla Lam. en World Flora Online. Consultado o 5 de abril de 2021.
  3. C. van Hove & A. Lejeune 2002, pp. 23–26.

Véxase tamén editar