Aurora Sampedro
Aurora Sampedro Piñeiro, nada en San Pedro de Benquerencia (Barreiros) o 15 de xaneiro de 1913[1][2] e finada na mesma parroquia 23 de setembro de 1996,[2] foi unha química de orixe galega.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de xaneiro de 1913 San Pedro de Benquerencia, España |
Morte | 23 de setembro de 1996 (83 anos) San Pedro de Benquerencia, España |
Causa da morte | morte accidental, accidente de tráfico |
Educación | Universidade de Oviedo Universidade Complutense de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | química |
Traxectoria
editarFormación
editarFlla dun comerciante maragato de Villalibre de Somoza, Francisco Sampedro Fuente (alcumado 'O Mornelo'), e da mariñá Antonia Piñeiro Moreda,[3] foi unha estudante constante. Estudou as primeiras letras en Barreiros, na escola do Canteiro (S. Pedro de Benquerencia) da man da súa mestra, dona Juanita,[4] e fixo o Bacharelato por libre no Instituto Masculino de Lugo.
Trasladouse a Madrid no 1930, residindo na Residencia de Señoritas[5] (institución que emulaba a Residencia de Estudiantes), os vindeiros 5 anos.[6] Mentres estaba en Madrid fixo o bacharelato universitario, no Instituto de Bacharelato Cervantes, durante os cursos 1930-1931 e 1931-1932 e, neste mesmo curso, aprobou catro materia do 1º curso da licenciatura de Ciencias Químicas na Universidade Central, ás que se presentou por libre. A seguir, nos 3 cursos seguintes continuou cos estudos[6] e, pouco despois, solicitou o traslado de expediente para a Universidade de Oviedo, onde estivo matriculada no curso 1935-1936.[7]
A guerra civil obrigouna a abandonar os estudos, que rematou con sobresaínte na Universidade de Oviedo no 1941. Doutorouse o 16 de febreiro no 1948 na Complutense coa tese Los oligoelementos en alimentos españoles de origen animal,[2] tras levar a cabo as invvestigacións no Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica, “Antonio de Gregorio Rocasolano”, do Consello Superior de Investigacións Científicas, seguindo a liña que comezaba daquela, de interesarse polos oligoelementos na alimentación, que deu lugar máis adiante á existencia dunha diversidade de suplementos alimenticios, moi en voga dende o último terzo do século XX.
Desenvolvemento profesional
editarAdiantada ó seu tempo, abriu camiños na ciencia e no apoderamento da muller.[2] No 1948, opositou a cátedras de Física e Química, e estivo ensinando unha tempada no occidente asturiano (Boal, A Veiga), e Madrid. No 1954, por oposición, estaba incorporada como doutora en ciencias químicas no laboratorio central de RENFE, chegando a subxefa de división. Nesta empresa pasaría o resto da súa vida laboral.[1]
No ano 1961, foi bolseira da Fundación Juan March, facendo investigación na sección de Radioquímica da Universidade Complutense sobre análise espectroquímica.[3][8] Froito dese período de investigación son catro publicacións sobre Análise espectroquímico de aliaxes chumbo-antimonio-estaño, Determinación de impurezas, Determinación de menores constituíntes e Control espectroquímico na fabricación de baterías eléctricas.
En 1977, foi nomeada académica correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Academia de Doctores.[9]
A súa morte tivo lugar nun accidente de coche en 1996 ó retorno da praia en Benquerencia.[3]
Legado
editarA finais de 2023, publicouse o libro Universo Aurora Sampedro Piñeiro, de Manuel Rivero Pérez, que deu pulo a unha historia persoal ata entón descoñecida. Dito libro coñeceu unha segunda edición ó ano seguinte.
Igualmente, o citado profesor promoveu o seu nomeamento como filla adoptiva de Luyego, filla predilecta do concello de Barreiros a título póstumo[10] (a comezos de 2024, anunciouse que lle sería outorgado ese recoñecemento);[11] tamén promoveu que se lle dedicase o Día da Ciencia 2024 en Galicia[12] e aínda que isto último non se conseguiu, postulouse para anos sucesivos.[13]
Na súa honra establecéronse en 2024 os premios 'Bíteres do honra'. que, na súa primeira edición, entregada o 27 de setembro, foron concedidos a Marta Macho Stadler, ó IES Lucus Augusti e á desaparecida María Antonia González Abraído.[14]
Obras
editar- "Oligoelementos en alimentos españoles de origen animal". Revista Española de Fisiología (en castelán) (Sección de bioquímica do Instituto Español de Fisioloxía e Bioquímica e Instituto de Gregorio Rocasolano) IV (3). outubro 1948.[1]
- "Valoración espectroquímica de aleaciones de antifricción". Revista de Ciencia aplicada (en castelán) (Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC) (56). maio-xuño 1957.
- "Análisis espectroquímico del antimonio para concentraciones 0,3-15% en las aleaciones binarias de plomo". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B-Química (en castelán) (Madrid: Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica, “Esteban Terradas”, e Instituto de Química Física, “A. de G. Rocasolano”). Tomo LVI (3): 289. marzo de 1960. ISSN 2792-520X.
- "Influencia del historial mecánico y térmico de las aleaciones plomo-antimonio en la emisión espectral". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B-Química (Madrid: Instituto Nacional de técnica Aeronáutica “Esteban Terradas” e Instituto Química Física del CSIC). Tomo LVII (1). xaneiro de 1961. ISSN 2792-520X.
- "Análisis espectroquímico de aleaciones plomo-antimonio-estaño. Determinación de menores constituyentes Laboratorio Central de RENFE". Anales de la Real Sociedad Española de Física y Química. Serie B-Química (en castelán) (Madrid: Instituto Nacional de Técnica Aeronáutica. Instituto “Rocasolano”). Tomo LIX (B) (6): 415. xuño de 1963. ISSN 2792-520X.
- "Control espectroquímico en la fabricación de baterías eléctricas". Revista de Ciencia aplicada (en castelán) (Patronato de Investigación Científica y Técnica “Juan de la Cierva” CSIC) (99). xullo-agosto 1964.
- Análisis espectroquímico del plomo en los aceros de fácil mecanización. Colloquium Spectroscopicum Internationale. Madrid 26-30 de maio 1969.
- "Determinación espectroquímica del titanio en los aceros inoxidables. (Madrid),". Revista de Metalurgia (en castelán) (Madrid: CSIC) 11 (1): 13–18. 1975.
- "Determinación espectroquímica del hierro en aleaciones Cu-Ni resistentes a la corrosión". Revista de Metalurgia (Madrid: CSIC) 13 (4): 226–231. 1977.
Asistencia a Congresos
editarEntre outros, en funcións no CSIC, acudiu a:[15]
- XV Congreso Internacional de Química Pura e Aplicada (Lisboa, 1956)
- VII Colloquium Spectroscopicum Internationale (Liexa, 1958)
- VII Bienal da Real Sociedad Española de Química (Santiago de Compostela, 1957)
- XVII Inter. Congress for Reine U. Angewandte Cheime (Múnic, 1959)
- IX Bienal da Sociedad Española de Física y Química (Granada, 1959)
- XVIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (París, 1955)
- XXIII Congrés du Groupement pour l'Avancement des Methodes d'Analyse Spectrographique des Produits Metallurgiques (París, 1965)
- IV Reunión Nacional de Espectroscopía (Granada, 1974)
- Reunión Nacional de Espectroscopía (Palma, 1976)
Nomeamentos e distincións
editarNo 1977 foi nomeada correspondente de Ciencias Experimentais pola Real Académica de Doctores.[16]
Foi nomeada alumna destacada polo IES Cervantes de Madrid (sucesor do I. B. Cervantes).
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 Rivero Pérez, Manuel (5 de setembro de 2023). "Aurora Sampedro Piñeiro: sus raíces maragatas, formación académica y legado científico". El Faro astorgano.com. p. 8.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Rivero Pérez, Manuel. "Aurora Sampedro Piñeiro. Galegos". galegos.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2023-09-08.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 Fernández, Martín (2023-08-20). "Aurora Sampedro, de Barreiros, la única mariñana en la Residencia de Señoritas de Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-09-07.
- ↑ Rivero Pérez (2023), p. 24
- ↑ Fernández, Martín (27 de agosto de 2023). "Memoria de mariñáns: Diez mujeres de Lugo en la Residencia de Señoritas de Madrid". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de setembro de 2023.
- ↑ 6,0 6,1 Rivero Pérez (2023), p. 37
- ↑ Rivero Pérez (2023), p. 44
- ↑ "Aurora Sampedro Piñeiro. Las becas de la March. Fundación Juan March". www.march.es. Consultado o 2023-09-06.
- ↑ "Aurora Sampedro Piñeiro". rade.es (en castelán). Consultado o 13 de abril de 2024.
- ↑ Redacción (19 d setembro de 2023). "Aurora Sampedro y Andrea López Chao, pioneras". lavozdegalicia.es (en castelán). Consultado o 29 de xaneiro de 2024.
- ↑ Agremon (2024-01-27). "Da presentación de 'Universo Aurora Sampedro Piñeiro'". ribadeando.com. Consultado o 2024-01-27.
- ↑ Redacción (2023-09-19). "Aurora Sampedro Piñeiro, científica de Barreiros adelantada a su tiempo a quien postulan para dedicarle el Día da Ciencia de Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2023-09-19.
- ↑ agremon, Publicado por. "Verbas na entrega dos Bíteres de Honra". Consultado o 2024-09-30.
- ↑ agremon, Publicado por. "Bíteres de honra". Consultado o 2024-09-30.
- ↑ Isma. "Plataforma temática sobre Galicia en Internet". www.galiciadigital.com (en castelán). Consultado o 2024-03-18.
- ↑ "Aurora Sampedro Piñeiro - Real Academia de Doctores de España". www.rade.es. Consultado o 2023-09-06.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Aurora Sampedro |
Bibliografía
editar- Rivero Pérez, Manuel (2023). Universo Aurora Sampedro Piñeiro. Lugo: EOditorial Publicaciones. ISBN 978-84-125561-8-6.