Abrir o menú principal

Aurora foi unha revista editada en Vilalba de 1918 a 1920.

Historia e característicasEditar

Subtitulada Revista informativa-literaria, apareceu o 15 de decembro de 1918. Posteriormente cambiou o seu subtítulo por Idearium de la Juventud Gallega e a partir do número 14 por Revista de literatura, arte e información. Revista mensual de tendencia rexionalista, aparecía o día 15. Estaba dirixida por José Novo Pardo e despois por Antonio García Penabad, e o redactor xefe era Gustavo Ramudo Lamas. Entre os seus colaboradores figuraron Antonio García Hermida, Ramón Cabanillas, Antonio Rey Soto, Antonio Noriega Varela, Xosé Lesta Meis e Leandro Carré Alvarellos. O último número coñecido é o 14, aparecido o 15 de marzo de 1920.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. ISBN 84-7492-489-8. 

Ligazóns externasEditar