Ángel Fraga Orosa

mestre e político galego

Ángel Fraga Orosa, nado en Fabás (Goiriz, Vilalba) o 1 de febreiro de 1898[1] e finado en Lugo o 17 de decembro de 1936, foi un mestre e político galego.

Infotaula de personaÁngel Fraga Orosa
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1898 Editar o valor em Wikidata
Fabás, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmestre , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Obtivo o título de mestre superior en Santiago de Compostela en 1917. Ese mesmo ano obtivo o posto de mestre da escola da sociedade Liga Santaballesa.[2] Despois foi mestre de Chavín e dende 1930 de Viveiro. Afiliado á UGT, foi presidente da Asociación de Mestres Nacionais do partido xudicial de Viveiro en 1934. Foi redactor de Aurora e colaborou en Galicia Pintoresca, Vida Escolar e Faro Villalbés. Na Segunda República foi concelleiro de Viveiro. Militante de Izquierda Republicana. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 28 de xullo. Xulgado en Lugo por rebelión militar o 1 de decembro, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Lugo, ás 8 horas do 17 de decembro de 1936, nas tapias do cuartel da Garda civil de Lugo.

Notas editar

  1. Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 38. 
  2. Galicia Pintoresca, 4-10-1917, p. 12.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Nuevo, Carlos (1977). "Antes e despois da guerra en Viveiro". O 36 na Galiza. Vigo: A Nosa Terra. pp. 31–35. 

Ligazóns externas editar