Augusto Abelaira
Augusto José de Freitas Abelaira, nado en Coímbra o 18 de marzo de 1926 e finado en Lisboa o 4 de xullo de 2003, foi un profesor, novelista, dramaturgo, tradutor e xornalista portugués.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Augusto José de Freitas Abelaira 18 de marzo de 1926 Coímbra, Portugal |
Morte | 4 de xullo de 2003 (77 anos) Lisboa, Portugal |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Premios | |
A súa obra foi influenciada pola estética neorrealista que une as novelas histórico-materialistas e as novelas psicolóxicas.
Biografía
editarOrixinario de Ançã, naceu en Coímbra, freguesía da Sé Nova, distrito de Coímbra, en 1926. Mudouse aínda mozo para a cidade do Porto, téndose licenciado en Ciencias Histórico-Filosóficas pola Facultade de Letras da Universidade de Lisboa. Foi profesor universitario mais deixouno para se dedicar ao xornalismo e á literatura.[2]
Participou activamente na loita contra o réxime de Salazar, integrándose en movementos estudantís de oposición, participando activamente na distribución de panfletos. Tras a década de 1930 pasou a utilizar a ironía como a súa principal arma, creando personaxes con aversión á política de esquerda e á hipocrisía, empeñados en causas como o Movemento de Unidade Democrática e a oposición ao Plan Marshall.
Na década dos 40 colaborou no semanario Mundo Literário (1946-1948).[3] Estreouse como autor de novelas no fin da década de 1950 coa novela A cidade das flores (1959), un retrato das perplexidades da mocidade do seu tempo en relación ao totalitarismo de Salazar, desprazando a trama para a Italia a fin de non ser prendido pola PIDE; editada en edición de autor ao rexeitárena as editoras por medo á policía.[4] Cóntase a historia dunha revolta de estudantes na cidade italiana de Florencia, nos anos trinta, aínda que é doado recoñecer a Lisboa e a revolta de estudantes de 1947 na que escritor participara.[2]
Foi colaborador da revista Almanaque (1959-1961), publicación con redacción coordinada por José Cardoso Pires e grafismo de Sebastião Rodrigues, onde colaboraron, entre outros, Luís de Sttau Monteiro, Alexandre O'Neill e João Abel Manta,[5] e colaborou igualmente no Jornal do Caso República (1975) de Raul Rêgo.
Foi detido en 1965 por atribuír, como presidente do xurado, o Grande Prémio da Novelística da Sociedade Portuguesa de Escritores ao angolano José Luandino Vieira (tamén preso no Tarrafal), polo seu libro de contos, Luuanda.
Traballou como tradutor e como xornalista no Diário Popular, no Jornal de Letras e no Século. Entre 1977 e 1978, foi director de programas da RTP[6] e das revistas Seara Nova e Vida Mundial.[4]
O 9 de xuño de 1997, foi agraciado co grao de Comendador da Orde Militar de Sant'Iago da Espada.
Obras
editarNarrativa
editar- A Cidade das Flores (1959). En 1984: O Jornal, ISBN 0004362060000. En 2004: Editorial Presença, ISBN 9789722332170.
- Os Desertores (1960). Bertrand Editora. 235 páxs.
- As Boas Intenções (1963). Livraria Bertrand. 261 páxs.
- Enseada Amena (1966). En 1997: Editorial Presença, ISBN 9789722321525.
- Bolor (1968).[7] En 2005: Editorial Presença, ISBN 9789722332989.
- Ode (quase) Marítima (1968). Con deseños de Maria Keil. Estúdios Cor, Lisboa. 24 páxs. (Monólogo)
- Quatro Paredes Nuas (1972). Livraria Bertrand, Lisboa. (Relatos)
- Sem Tecto, Entre Ruínas (1979).[8] En 1982: Livraria Sá da Costa Editora ISBN 0237000134797.
- «Olfacto», in Poética dos Cinco Sentidos: La Dame à la Licorne (1979).[9]
- O Triunfo da Morte (1981).[10] Livraria Sá da Costa Editora. ISBN 0237000134793.
- O Bosque Harmonioso 1(982). En 1996: Editorial Presença, ISBN 9789722324625.
- O Único Animal que... (1985). En 1996: Editorial Presença, ISBN 9789722324656.
- Deste Modo ou Daquele 1(990). Diversos. 232 páxs. En 1996: Editorial Presença, ISBN 9789722324649.
- Outrora, Agora (1997). Editorial Presença. ISBN 9789722320108.
- Nem Só Mas Também [póstumo] (2004). Editorial Presença. ISBN 9789722331869.
- «O arquimortes», in Ficções n.º 8, 2003-2004.
Teatro
editar- A Palavra é de Oiro (1961). Livraria Bertrand. 174 páxs.
- O Nariz de Cleópatra. Peça en três actos. (1962). Livraria Bertrand.
- Anfitrião, Outra Vez. Peça em duas partes (1980). Moraes. 81 páxs.
Obras traducidas
editarTraducións
editar- A Roda da Fortuna (1961). Roger Vaillant. Ulisseia, Lisboa.
- A Promessa (1962). Gary Kassel. Bertrand.
- O Tambor (1964). Günter Grass. Estúdios Cor, Lisboa.
- História do Mundo (1963-1971). Jean Duché, (en co-autoría con Severiano Ferreira). Estúdios Cor, Lisboa.
- A Segunda Guerra da Indochina (1971). Wilfred G. Burchett. Seara Nova, Lisboa.
- O Doutor Jivago (1987). Boris Pasternak. Europa-América, Mem Martins.
- O Declínio da Idade Média (1996). Johan Huizinga. Ulisseia, Lisboa.
- 1963: Prémio Ricardo Malheiros, da Academia das Ciências de Lisboa, por As boas intenções.
- 1966: Prémio de Romance de IV Encontro da Imprensa Cultural
- 1979: Prémio Cidade de Lisboa, por Sem tecto entre ruínas.
- 1996: Grande prémio de romance e novela, da Associação Portuguesa de Escritores, por Outrora, agora.
- 1996: Prémio da Crítica, por Outrora, agora.
- 1996: Prémio Cidade de Lisboa, por Outrora, agora.
- 1996: Prémio de Pen Club,por Outrora, agora.
Notas
editar- ↑ Infopédia. "Augusto Abelaira - Infopédia". Infopédia - Dicionários Porto Editora (en portugués). Consultado o 2020-04-04.
- ↑ 2,0 2,1 "Augusto Abelaira, escritor y periodista portugués". El País (en castelán). 2003-07-12. ISSN 1134-6582. Consultado o 2020-04-04.
- ↑ "Mundo Literário" (PDF). /hemerotecadigital.cm-lisboa.pt.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "Augusto Abelaira - Século XX - Centro Virtual Camões - Camões IP". cvc.instituto-camoes.pt (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 01 de outubro de 2018. Consultado o 2020-04-04.
- ↑ Fragoso, Margarida (2012). Design Gráfico em Portugal: formas e expressões da cultura visual do século XX (en portugués). Livros Horizonte. p. 121, 122. ISBN 978-972-24-1716-7.
- ↑ "Augusto Abelaira". www.epdlp.com (en castelán). Consultado o 2020-04-04.
- ↑ Serralheiro, Marco. "Augusto Abelaira ou o sentido pessoal da escrita". www.apagina.pt (en portugués). Consultado o 2020-04-04.
- ↑ Gamelas, Inês A. "1968 (e depois) – Representações da juventude nos romances Heiβer Sommer, de Uwe Timm, e Sem Tecto, entre Ruínas, de Augusto Abelaira" (PDF). ria.ua.pt/bitstream (en portugués).
- ↑ "Poética dos Cinco Sentidos" (en portugués). 2015-02-06.
- ↑ Ubirajara Silva, Natália. "A sinfonia narrativa de Augusto Abelaira: a metaficcao en O triunfo da Morte" (PDF). lume.ufrgs.br (en portugués).
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Xornal do Caso República(copia dixital)
Bibliografía
editar- Arêas Vilma (1972). A Cicatriz e o Verbo: análise da obra romanesca de Augusto Abelaira, Casa da Medalha, Río de Xaneiro, 1972.
- Camilo, João (1983). Augusto Abelaira e Vergílio Ferreira: plenitudes e absolutos adiados, Fundação Calouste Gulbenkian, Lisboa-París.
- Costa, Maria Adelaide (1996). Os Caminhos de Narciso: uma leitura de Deste Modo e Daquele de Augusto Abelaira, texto policopiado – tese de mestrado, Facultade de Letras da Universidade do Porto, Porto.
- Machado, Álvaro Manuel (1984). A Novelística Portuguesas Contemporânea, 2º ed. Revista e aumentada, Biblioteca Breve, Lisboa.
- Seixo, Maria Alzira (1968). “Augusto Abelaira: um tempo de convergência”, in Para um Estudo da Expressão do Tempo no Romance Português Contemporâneo, Imprensa Nacional -Casa da Moeda, Lisboa.