Luuanda é un libro de contos do escritor angolano José Luandino Vieira publicado en 1963 pola editora Ediçoes 70 en Lisboa. Está constituído por tres historias: "Vavó Xixí e seu neto Zeca Santos", "A Estória do Ladrão e do Papagaio" e "A Estória da Galinha e do Ovo".

Luuanda
Autor/aJosé Luandino Vieira
editar datos en Wikidata ]

Este libro é unha obra histórica, vista como un autentico libro de ruptura coa norma portuguesa na literatura angolana. Polo seu cariz innovador, mereceu o recoñecemento xeral e foi galardoado con dous importantes premios: 1º Prémio D. Maria José Abrantes Mota Veiga, atribuído en Luanda en 1964, e o 1º Premio do Grande Prémio da Novelística, atribuído pola Sociedade Portuguesa de Escritores, en Lisboa, en 1965.