O Plan Marshall, oficialmente Programa de Recuperación Europea foi un conxunto de medidas económicas ideadas polo xeneral estadounidense George Marshall, para a reconstrución de Europa despois da segunda guerra mundial.

Un dos numerosos carteis creados para promocionar o Plan Marshall en Europa. A bandeira que está entre as de Alemaña e Italia é a de Trieste.

Situación despois da guerra

editar

Despois da segunda guerra mundial as economías europeas quedaron gravemente resentidas polos esforzos da contenda e os estragos que esta provocou. Consolidándose Estados Unidos, como líder económico mundial, xa que a guerra so tocou o seu territorio en moi poucas ocasións. Os principais compradores da súa produción eran os países europeos, pero ante a mala situación das súas economías os expertos deduciron que so poderían seguir pagando as compras durante pouco máis dun ano. Os EUA dispuñan dun exceso de capitais e produtos enorme, e a situación parecíase demasiado á crise dos anos 1920. Isto sumado ó progresivo triunfo do comunismo nos países do leste, que lle restaba liderado aos EUA obrigounos a actuar en Europa occidental.

O plan

editar

Anunciado en xuño de 1947 e aprobado na primavera de 1948, tiña como obxectivo dar axuda selectiva á recuperación da produción, sen provocar aumentos de inflación e malestar político. Estados Unidos asegurábase un mercado solvente para as súas exportacións e a implantación do seu sistema económico.

Axuda financeira recibida

editar
País 1948/49
($ millóns de dólares)
1949/50
($ millóns de dólares )
1950/51
($ millóns de dólares )
Acumulado
($ millóns de dólares )
  Austria 232 166 70 468
  Bélxica e   Luxemburgo 195 222 360 777
  Dinamarca 103 87 195 385
  Francia 1085 691 520 2296
  Alemaña 510 438 500 1448
  Grecia 175 156 45 366
  Islandia 6 22 15 43
  Irlanda 88 45 0 133
  Italia 594 405 205 1204
  Países Baixos 471 302 355 1128
  Noruega 82 90 200 372
  Portugal 0 0 70 70
  Suecia 39 48 260 347
  Suíza 0 0 250 250
  Turquía 28 59 50 137
  Reino Unido 1316 921 1060 3297

 
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.