Arturo Moreno Salvador[4] (ou Artur Moreno i Salvador),[3] nado en Valencia o 10 de maio de 1909 e finado en Barcelona o 25 de xuño de 1993, foi un historietista, ilustrador e pioneiro dos debuxos animados español, até o punto de recibir en ocasións o cualificativo do Walt Disney español.[5] Destacan, entre a súa obra, a longametraxe Garbancito de la Mancha, o primeiro do país, e a serie de historietas Formidables trapisondas del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck, así como o seu labor á fronte da revista infantil KKO, onde traballaron outros coñecidos historietistas, tendo un estilo artístico similar ao que realizarían outros autores como Cabrero Arnal e Valentín Castanys.[1][6] Emigrou a Venezuela, onde realizou debuxos animados para Bolívar Films.[2] O autor asinou habitualmente os seus debuxos co nome de More, segundo Jesús Cadrado,[2] ou Moro, segundo outros autores.[1]

Infotaula de personaArturo Moreno
Biografía
Nacemento10 de maio de 1909 Editar o valor em Wikidata
Valencia, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xuño de 1993 Editar o valor em Wikidata (84 anos)
Barcelona, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesMoro[1] o More[2]
ResidenciaVenezuela Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónartista de banda deseñada , director de cinema Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMaría Dolores Ferrer Llor[3]
FillosIsabel Moreno Ferrer[3]
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0603852 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Inicios profesionais editar

Á idade de oito anos marchou xunto á súa familia a vivir a Barcelona, onde realizou cursos de debuxo na academia Baixas.[4][7] Tralo seu paso por semanarios como Calderilla,[1] en 1924 comezou a traballar como debuxante e guionista de historietas en Pulgarcito e TBO, popularizándose a súa firma, tamén realizou ilustracións para a casa de discos Odeón.[1][2][7] No ano 1929 realizou a súa primeira exposición na casa Dalmau.[7] Ao final desa década comezou a interesarse polos debuxos animados tras ver as curtametraxes de Felix the Cat e en 1930 produciuse o seu debut nesta disciplina ao realizar unha curtametraxe publicitaria en branco e negro de apenas un minuto de duración para a empresa Chocolates Nelia.[1][4]

Os anos anteriores á Guerra civil española foron para el os de maior actividade, ao publicarse os seus debuxos en revistas catalás como Xut, En Patufet, Papitu, Mickey e Pocholo. Desta última sería un dos seus autores máis importantes xunto con Cabrero Arnal e Jaime Tomás, eloxiándose a súa gran personalidade.[1][8] Colaborou logo noutras coñecidas revistas infantís da época como L'Esquitx e Chicos durante a súa primeira etapa.[4][9] A súa obra máis celebrada sería as Formidables trapisondas del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck que comezou a publicarse en setembro de 1934 na revista Pocholo a un prezo de 2 pesetas e, posteriormente recompilado en dous álbums.[1][10][11] Tamén practicou o debuxo realista na colección Aventuras y Viajes, intermedia entre o folletín e a historieta, con heroes como Bill Navarro o Exterminador, Sansón, o Rei dos Mares ou Diego Corrientes.[12]

En 1932 Enrique Guerri Giacomellile ofreceulle ser o director da revista infantil KKO, primeira da Escola valenciana, para a cal realizou a maqueta, a cabeceira do título e a mascota que identifica á revista. Durante o seu traballo na revista atraeu a numerosos historietistas de prestixio, dando mostras da súa profesionalidade.[1] En 1936 realizou a súa segunda exposición na casa Dalmau.[7]

Madurez editar

Tralo final da Guerra civil española, chegaron ao país as Silly Symphonies que provocaron que Moreno comezase a pensar no debuxo animado como forma de arte.[4] Durante estes anos participou nas revistas Mis chicas, Chicos, Flechas y Pelayos e Maravillas.[13] A comezos de 1942 fundou a produtora Diarmo Films, uníndose á súa compañía Rosa Galcerán e Armando Tosquellas, tendo a súa sede na rúa Salmerón nº 1, e realizando ao longo dese ano varias curtas publicitarias para Bayer e unha curtametraxe titulada El capitán Tormentoso.[7][14] Tras esta curtametraxe, Moreno buscou distribuidora para a mesma, ata que deu con José María Blay quen lle contestou que non quería distribuír a curta, pero que si lle gustaría que rodase unha longametraxe. Moreno dubidou en realizala xa que non había naqueles momentos medios abondo para levar a cabo un proxecto de tales dimensións e necesitaría a construción duns estudos, taboleiros especiais para os animadores e un volume de persoal que ascendería a 80 empregados. Tras conseguir todo iso, Moreno escolleu como tema da película o conto Garbancito de la Mancha de Julián Pemartín, sendo a primeira adaptación literaria infantil da que se ten noticia.[5][15] A historia deste autor literario de ideoloxía franquista ía servir para amosar o comportamento correcto aos nenos do momento.[15]

Moreno realizou a ilustración da primeira edición publicada en 1944, a cal tiña «debuxos con formas redondeadas e caricaturescas con trazos grosos e empastados, e un sentido dinámico nas escenas», e caricaturizouse a si mesmo ao final da cinta.[13] Garbancito de la Mancha custou 3 809 618 pesetas e obtivo uns beneficios de entre dous e tres millóns de pesetas da época (de 165 828 000 a 248 742 000 pesetas de 1999).[5][16] A crítica da época valorou positivamente a película e foi usada de forma propagandística, algo habitual na súa época, recibindo a posteriori duras críticas.[17] Na súa defensa, o propio Moreno afirmou que mostraba un forte españolismo, pero en ningún momento tiña un fin propagandístico.[18] A pesar do grande éxito en España e noutros países como Francia ou Inglaterra, Arturo Moreno tivo que abandonar outros proxectos como La verbena de la Paloma e Simbad, el marino.[14]

Este éxito entre a crítica e o público impulsouno a realizar unha segunda parte chamada Alegres vacaciones que en palabras do propio Moreno era inferior á súa longametraxe anterior debido a que estes personaxes perderan parte do seu interese no contexto do momento. A rodaxe desta segunda longametraxe prolongouse desde o 14 de maio de 1945 até o 20 de xuño de 1948; moito máis do esperado debido ao incendio nos Estudos Balet e Blay que levou por diante unha importante parte dos debuxos.[19] Nunca se descubriu a causa deste incendio, podendo tratarse dunha sabotaxe dalgún dos traballadores ou dunha neglixencia, motivada polo feito de que os negativos se facían con nitrato de celulosa, que se adoita utilizar para a realización de explosivos e puideron autodestruirse porque no lugar onde se gardaban non tiñan nin a temperatura nin a humidade axeitadas. O certo é que isto fixo que o orzamento aumentase porque os animadores cobraban por semana traballada.[20] Moreno non asistiría á estrea nin vería a montaxe final debido á súa marcha a Venezuela. A pesar do incendio producido, o seu orzamento diminuíu con respecto á anterior película até o tres millóns, do mesmo xeito que os seus ingresos, aínda que foron suficientes para cubrir os gastos.[19]

Estancia en Venezuela editar

A súa marcha a Venezuela en 1948 debeuse a unha substanciosa oferta para traballar en Caracas como director dunha revista pedagóxica. Ao darse conta de que descoñecía os temas sobre os que falaban os venezolanos, decidiu aceptar unha oferta para colaborar na revista infantil Tricolor.[21] En 1949 propúxolle a Ángel Puigmiquel, a quen coñecera na primeira edición do Salón de Humoristas de Madrid realizada trala Guerra civil española, a realización dunha longametraxe de debuxos animados. Antes de poñelo en práctica tentaron realizar xuntos unha curtametraxe de debuxos animados para Chicles Adams, pero descubriu que neste país non existían os medios para realizalo polo que tiveron que enviar o material filmado a Estados Unidos, polo que decide abandonar a idea de rodar a longametraxe.[22] Tras ver como o proxecto non se cumpre decide seguir realizando anuncios en Bolívar Films para empresas de cigarros tales como Camel ou Morris e petroleiras como Shell até a súa marcha do país.[2][4]

Últimos anos editar

Á súa volta a España en 1956, Arturo Moreno abandonou o campo da animación e seguiu traballando durante doce anos para a revista Tricolor desde o país europeo enviando por correo os seus traballos e recibindo polo mesmo medio o cheque co seu salario.[21] Integrouse así en Paseo infantil e TBO, onde colaborou con Carlos Bech, creando para ambas as series León y Arpón, trotamundos e Fifilo.[2][23] En 1965 ofrecéronlle realizar os fondos da película El mago de los sueños pero debido a unha crise económica do sector non puido colaborar, aínda que figurou nos títulos de crédito.[4] Si realizou o guión gráfico e algúns bosquexos de fondos para El pequeño capitán de Estudos Andreu.[21] Durante os seus últimos anos de vida tentou defender o desenvolvemento industrial do medio da animación, sen chegar a conseguilo,[2] do mesmo xeito que traballou como pintor e colaborador en revistas infantís.[4] Arturo Moreno faleceu o 25 de xuño de 1993,[4] dous días despois fíxose unha misa para o seu eterno descanso. Trala realización da misa foi enterrado no cemiterio de Sant Andreu.[3]

Estilo editar

Para o teórico Jesús Cuadrado, autor do libro De la historieta y su uso 1873-2000, foi un «autor inquieto na investigación do uso dos globos no contorno da viñeta», definición apoiada por outros autores.[2][13] Outros, apuntaron igualmente como o interese de Arturo Moreno polo debuxo animado «reflíctese no forte dinamismo das súas figuras, que parecen ter que encaixarse á forza dentro das viñetas».[1] O teórico Salvador Vázquez de Parga sinala que o seu estilo nas historietas de aventuras resulta similar ao Cabrero Arnal e ao de Valentín Castanys que se caracteriza por tratalas cun debuxo humorístico e certo infantilismo.[6] Sobre a súa filmografía, aprécianse influencias da obra de Disney, tanto nos debuxos, os animais e os números musicais.[24] Con todo, María Manzanera afirma que a súa maior influencia foron os irmáns Fleischer como pode ser a similitude de Brutus (inimigo de Popeye) con Caramanca.[25]

Valoración editar

Jesús Cuadrado afirma na mesma obra que se trata dun autor de grande inventiva e con grande atención na montaxe.[2] Salvador Vázquez de Parga cualificouno como un dos puntais da historieta española xunto con Salvador Mestres, grazas ás súas obras Formidables aventuras del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck e Punto negro en el País del Juego, esta última era unha fábula sobre unha mancha de tinta antropomorfa, coas que alcanzou a súa madurez.[11][23] José María Candel Crespo, autor do libro Historia del dibujo animado español, menciona pola súa banda que a crítica de entón valorouno como o Walt Disney español, aínda que outros como Francisco Macián ou Escobar tamén foron cualificados de igual forma. Candel valórao como un pioneiro do cine de animación en España que non conseguiu chegar ao nivel de Disney ou Dave Fleischer porque non madurou abondo antes de abordar a súa primeira longametraxe e esperou a súa obra mestra trala súa segunda longametraxe, algo que nunca chegaría.[5][19]

A súa primeira longametraxe conseguiu un premio no Sindicato Nacional do Espectáculo, quedando en terceira posición na categoría de mellor película, e ser declarada de Interese Nacional polo goberno español.[5][26] En 1982 rendéuselle unha homenaxe para celebrar o corenta aniversario do comezo da realización de Garbancito de la Mancha, película que serviu de «estímulo creativo» para animadores posteriores. En maio de 1994 foi homenaxeado no Salón Internacional de Banda Deseñada de Barcelona polo seu traballo no mercado da historieta española.[4]

Obra editar

Historieta editar

A súa obra historietística foi exposta dúas veces na casa Dalmau, na primeira expuxéronse uns debuxos animados entre os días 16 a 29 de marzo de 1929 en formato 17x12 cm onde tamén se incluía unha caricatura do artista asinada por Castanys;[27] a segunda exposición produciuse entre os días 7 e 21 de marzo de 1936,[27] onde se amosaron 35 debuxos humorísticos a cor, estes tiñan un formato de 14,8x11,2 cm ademais de ser relacionados os seus debuxos cos outros expostos nesas datas.[7][27] Segundo o investigador Jesús Cuadrado, Arturo Moreno debuxou as seguintes series:[2]

Anos Título Publicación Editorial Notas
1926 Tommy, aventuras de un joven sportman Pulgarcito El Gato Negro
1930 Formidables trapisondas del Grumete Mick, el viejo Mock y el Perro Muck Pocholo Dúas entregas
1934 Aventuras de un faraón en el Siglo XX Ki-Ki-Ri-Ki
1935 Punto negro Pocholo
1936 Punto negro en el País del Juego Pocholo Santiago Vives Álbum monográfico
1936 Faustino de la O Mickey
1936 Freddy, el pequeño botones Pocholo
194- Selección de historietas judías Bauzá Álbum monográfico
1941 Cupatintas y su pandilla Chicos Primeira época da revista.
1941 Capuchín Mis Chicas
1942 El Califa cigüeña Mis Chicas
1943 El Flautista de Homelín Chicos
1945 Cuentos de Mateo y Lepi Flechas y Pelayos
1949 Moreno Buigas Número 6
1956 León y Arpón, trotamuntos Paseo Infantil
1957 Aventuras de Cuqui Maravillas
1957 Pinky Trotamundos Pinocho
1957 Ciclonín Pinocho
1957 Fifilo Paseo Infantil
1958 Jacin Too Bailarín
1970 Humor Gráfico español del siglo XX Editorial Salvat Número 46
1974 Chito Chito
1991 La familia de Ulises Los Archivos del TBO Número 6
1998 Cien cómics sobre aspirina Bayer Obra póstuma.

Cine editar

Título Ano Duración Presuposto Portelo Beneficio
La risa va por barrios (e/ou El capitán Tormentoso)[2] 1942 14 minutos[14] s.d. s.d. s.d.
Garbancito de la Mancha 1945 85 minutos 3 809 618 pesetas[5] s.d. entre 2 000 000 e 3 000 000 pesetas[5]
Alegres vacaciones 1948 73 minutos 3 000 000 pesetas[19] s.d. s.d.[Nota 1]

Notas editar

  1. Aínda que non se teñen datos dos beneficios que obtivo a película, Arturo Moreno afirmou que si se obtiveron debido a que a produtora realizou unha terceira película, Los sueños de Tay-Pi.[19]
Referencias
  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 VV.AA (1992) pp. 416 e 417.
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Cuadrado (2000) pp. 877 e 878.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 "Necrología de Arturo Moreno Salvador" (en catalán). La Vanguardia. 26 de xuño de 1993. p. 24. Consultado o 29 de xuño de 2011. 
  4. 4,00 4,01 4,02 4,03 4,04 4,05 4,06 4,07 4,08 4,09 Candel (1993) 56 e 57.
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 5,5 5,6 Candel (1993) 44 a 50.
  6. 6,0 6,1 VÁZQUEZ DE PARGA, Salvador (2006). "Un autor total, análisis de la obra de Àngel Puigmiquel" por publicado como epílogo de libro El ladrón de pesadillas y otras historias. Barcelona: Glénat. ISBN 84-8449-775-5. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 7,5 Manzanera (1992) p. 23
  8. VV.AA. (2002) p. 37
  9. VV.AA. (2002) p. 55
  10. "Libros publicados en Barcelona durante el mes de septiembre de 1934". La Vanguardia. 27 de outubro de 1934. p. 20. Consultado o 6 de agosto de 2011. 
  11. 11,0 11,1 Vázquez de Parga, Salvador (30 de outubro de 1992). "El tiempo de los dibujantes". La Vanguardia. p. 5. Consultado o 19 de xuño de 2011. 
  12. Porcel (2010), pp. 38 a 39.
  13. 13,0 13,1 13,2 García (2004) p. 165
  14. 14,0 14,1 14,2 Candel (1993) 28 e 29.
  15. 15,0 15,1 CERRILLO, Pedro C. (1995). El niño, la literatura y la cultura de la imagen. Ediciones de la UCLM. p. 24. ISBN 84-88255-86-1. 
  16. "Evolución del valor adquisitivo de la peseta (1940-1999)". El Mundo. Consultado o 4 de marzo de 2011. 
  17. "Especial Navidad. Garbancito de la Mancha". ABC. 5 de xaneiro de 1982. p. 85. 
  18. Manzanera (1992) p. 192
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Candel (1993) 52 a 55.
  20. Manzanera (1992) p. 37 e 38
  21. 21,0 21,1 21,2 Manzanera (1992) p. 189
  22. MARTÍN, Antonio (2006). "Ángel Puigmiquel, patrimonio de la historieta universal" , prólogo al libro El ladrón de pesadillas y otras historias. Barcelona: Glénat. pp. 5 a 8. ISBN 84-8449-775-5. 
  23. 23,0 23,1 Lambiek, Zoek. "Arturo Moreno" (en inglés). Comiclopedia. Consultado o 30 de xullo de 2011. 
  24. N/A. O cine de animación en España (PDF). Consorcio audiovisual de Galicia. p. 8. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de novembro de 2013. Consultado o 4 de xuño de 2011. 
  25. Manzanera (1992) p. 27
  26. "Premios y nominaciones de Garbancito de la Mancha" (en inglés). IMDb. Consultado o 3 de xuño de 2011. 
  27. 27,0 27,1 27,2 VV.AA. (1999). Repertori d'exposicions individuals d'art a Catalunya (fins a l'any 1938) (en catalán). Instituto de Estudios catalanes. p. 236. ISBN 84-7283-444-1. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar