El mago de los sueños

filme de 1966 dirixido por Francisco Macián

El mago de los sueños é unha película española de animación tradicional de 1966 protagonizada pola familia Telerín, personaxes animados creados polos irmáns Santiago e José Luis Moro Escalona. A longametraxe foi realizada polo catalán Francisco Macián nos seus estudios de Barcelona, quen obtivo dos irmáns Moro a autorización para utilizar os seus personaxes.

El mago de los sueños
Ficha técnica
Título orixinalEl mago de los sueños
DirectorFrancisco Macián
GuiónFrancisco Macián
Alicia Soriano
Baseado en contos de:
Hans Christian Andersen
IntérpretesAndy Russell (voz),
Juan Carlos Mareco "Pinocho" (voz)
Chicho Gordillo (voz)
Teresa María (voz)
Tito Mora (voz)
Ennio Sangiusto (voz)
Los 3 Sudamericanos (voces)
Los 4 de la Torre (voces)
MúsicaJosé Solá
FotografíaGilberto Soriano
EstudioEstudios Macián
Estudios Moro
DistribuidoraÍzaro Films
Mercury Films (DVD e Blu-Ray)
Estrea1966
Duración70 minutos
OrixeEspaña
XéneroAnimación
Fantasía
Musical
Na rede
IMDB: tt0060651 Filmaffinity: 113167 Allmovie: v595001 Editar o valor em Wikidata

Argumento editar

O filme baséase en contos de Hans Christian Andersen, así como en Polgariño, e presenta por primeira vez o personaxe chamado Mago dos Soños, unha especie de duende ou trasno con lentes que ten como obxectivo principal combater a Don Coco Quitasueños e lograr que os nenos consigan durmir e poder contarlles un soño. Cada un dos nenos da familia Telerín ten un soño, que intenta deixar unha mensaxe para o espectador infantil. As historias comenzan co soño de Cuquín, o máis pequeno dos Telerines e finaliza co soño de Colitas.

Produción editar

A película conta con melodías interpretadas por Los 3 Sudamericanos, Teresa María, Andy Russell, Tito Mora e o cantante italiano Ennio Sangiusto.

No equipo de animación traballaron o catalán Jordi Gin, que anos despois sería director artístico do semanario de humor El Jueves e o chileno Vicar (Víctor Arriagada Ríos), que posteriormente traballaría para Disney como debuxante de historietas do Pato Donald.

Personaxes principais editar

  • El Mago de los Sueños
  • Ring ring
  • Cuquín
  • Cleo
  • Tete
  • Pelusín
  • Colitas
  • Maripí
  • Don Coco Quitasueños

Banda sonora editar

Estruturadas e dirixidas polo mestre José Solá, os temas musicais do LP El Mago de los Sueños (Belter 22.064) son:

Cara A

  1. Vamos a la cama
  2. Soñarás (interpretada por Andy Russell)
  3. Soy el Mago de los Sueños (interpretada por Andy Russell)
  4. El twist de Cuquín
  5. Cuento de la Caperucita
  6. Colitas y el circo

Cara B

  1. Tete Hood
  2. Pelusín y la moneda
  3. El guau de Maripí
  4. Cleo y el marcianito (interpretada por "Los 4 de la Torre" e Teresa María)
  5. Vamos a la cama

Máis adiante editouse un CD promocional (Hollywood Studios HSCD-188) coas mesmas pistas.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar