David Fleischer, nado en Nova York o 14 de xullo de 1894 e finado nos Ánxeles o 25 de xuño de 1979, foi un animador, director e produtor alemán-estadounidense, coñecido por ser un dos donos de Fleischer Studios xunto ao seu irmán máis vello Max Fleischer.

Modelo:BiografíaDave Fleischer

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de xullo de 1894 Editar o valor en Wikidata
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte25 de xuño de 1979 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Woodland Hills, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Mount Sinai Memorial Park (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista, animador, director de cinema, produtor de cinema, actor Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1918 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorBray Productions (pt) Traducir (década de 1910–1921) Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsMax Fleischer Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0281487 Allocine: 1126 Allmovie: p89962
BNE: XX1598235 Musicbrainz: 25e59a1f-ed90-45e0-8d75-540dc1b5acb9 Allmusic: mn0001411090 WikiTree: Fleischer-208 Find a Grave: 6233524 Editar o valor en Wikidata
Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor.

Traxectoria

editar

Dave Fleischer foi notable durante o tempo do seu primeiro personaxe en rotoscopio, Koko the Clown. Converteuse en director e logo en produtor do estudio. Aínda que é acreditado como director de toda película feita polo estudio entre 1921 e 1942, algúns animadores facían labores de dirección, e Fleischer encargábase da produción. Algunhas das series animadas que Fleischer supervisou durante este período foron Talkartoons, Betty Boop, Popeye, Color Classics entre moitos outros.

En xaneiro de 1942, Fleischer, incapacitado para cooperar co seu irmán, deixou a compañía para ser presidente de Screen Gems en Columbia Pictures. Fleischer Studios cesou a produción o 24 de maio de 1941 cando Paramount pediu o préstamo que lle fixera. Logo, como parte de Paramount, foi renomeado como Famous Studios (aínda que o nome non foi oficial até maio de 1943).

A finais dos anos 1940, Fleischer trasladouse á Universal, onde se converteu nun experto en efectos especiais, traballando en películas como Francis, Os paxaros, e Thoroughly Modern Millie. Morreu por un accidente cerebrovascular en Woodland Hills (California), despois dunha década retirado.