Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor

Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor é unha curtametraxe estadounidense de animación pertencente á serie Popeye Color Feature, producida en Technicolor e estreada nos cines o 27 de novembro de 1936 por Paramount Pictures. Foi producida por Max Fleischer para Fleischer Studios, Inc. e dirixida por Dave Fleischer, coa música de Sammy Timberg. As voces de Popeye e J. Wellington Wimpy son de Jack Mercer, Mae Questel fai a voz de Olive Oyl, e Gus Wickie a de Simbad o mariño.

Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor
Ficha técnica
Título orixinalPopeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor
DirectorDave Fleischer
ProdutorMax Fleischer
Adolph Zukor
IntérpretesJack Mercer
Mae Questel
Gus Wickie
Lou Fleischer[1]
MúsicaSammy Timberg
Bob Rothberg
Sammy Lerner
EstudioFleischer Studios
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea27 de novembro de 1936
Duración16:33
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroAnimación
Filme anteriorThe Spinach Roadster
Filme seguinteI'm in the Army Now
Na rede
IMDB: tt0028119 Filmaffinity: 961663 Allocine: 35457 Editar o valor em Wikidata

O produtor e artista de efectos especiais Ray Harryhausen afirma en Fantasy Film Scrapbook que Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor supuxo unha grande influencia na súa produción de The 7th Voyage of Sinbad.

Sinopse editar

Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor, filme completo.

Sindbad the Sailor (supostamente Bluto interpretando unha personaxe) proclámase nunha canción como o maior mariñeiro, aventureiro e amante do mundo e "o máis notable e extraordinario tipo", afirmación desafiada inadvertidamente por Popeye, que está a cantar a súa típica canción mentres navega, sen oílo, preto da illa de Sindbad con Olive Oyl e J. Wellington Wimpy a bordo. Sindbad ordena ao seu enorme roc que secuestre a Olive, moza de Popeye, e afunda o seu barco, forzándoo a el e a Wimpy a nadar ata a beira. Sindbad goza facendo a Olive a súa esposa trofeo, o que interrompe a chegada de Popeye. Sindbad desafía entón o mariñeiro cunha serie de obstáculos para probar a súa grandeza, incluíndo loitar co roc, un xigante de dúas cabezas chamado Boola (referencia paródica a The Three Stooges) e o propio Sindbad. Popeye ten pouco traballo co paxaro e o xigante, mais Sindbad case pode con el ata que Popeye toma a súa lata de espinacas, que lle dá a potencia para vencer a Sindbad por completo e proclamarse el mesmo "o máis notable e extraordinario tipo".

Nun gag sutilmente escuro, Wimpy vai tras un pato pola illa para cazalo cunha picadora de carne coa intención de picalo para fritilo e convertelo no seu prato favorito (as hamburguesas). Non obstante, o pato non só escapa senón que lle arrebata a Wimpy a súa última hamburguesa en represalia. Moitas das escenas da curta empregan o "proceso estereóptico" de Fleischer, que usa escenarios modelados para crear fondos 3D na animación.

Personaxes editar

Estrea editar

A curtametraxe foi o primeiro dos tres especiais en cor de Popeye que, con máis de dezaseis minutos cada un, foron programados como "A Popeye Feature" ("Unha función de Popeye"). Fotogramas desta curta foron empregadas máis tarde na curta de Popeye de Famous Studios Big Bad Sindbad (1952), no que a personaxe conta a historia do seu encontro con Sindbad aos seus tres sobriños.

Xunto cos outros Popeye Color Specials, Popeye the Sailor Meets Ali Baba's Forty Thieves e Aladdin and His Wonderful Lamp (ambos baseados tamén en historias de As mil e unha noites) están no dominio público, e están amplamente dispoñibles en vídeo e DVD. Tamén está dispoñible unha versión completamente restaurada co logotipo orixinal de Paramount no conxunto de DVD Popeye the Sailor: 1933-1938, Volume 1 DVD de Warner Bros.

Galardóns e recoñecementos editar

Estivo nomeado a un premio Oscar na 9ª edición dos Oscar, na categoría de mellor curtametraxe animada, sendo a única curta de Popeye en ser nomeada a dito galardón.[2][3] Foi clasificada no posto número de 17 do libro 50 Greatest Cartoons, que reúne unha lista dos 50 mellores debuxos animados da historia baseada nos votos de varias persoas relacionadas coa animación.[4] En decembro de 2004 foi escollido xunto a outros 24 filmes pola Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América para ser preservado no National Film Registry.[5]

Notas editar

  1. "Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor at the Big Cartoon Database". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2013. Consultado o 05 de xaneiro de 2018. 
  2. "Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor (1936) - Awards" (en inglés). IMDb. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  3. "Popeye the Sailor Meets Sinbad the Sailor (1936)" (en inglés). New York Times. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  4. "Popeye the Sailor Meets Sindbad the Sailor (1936) - Trivia" (en inglés). IMDb. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  5. "Elvis, Popeye and Rin Tin Tin elected to Congress" (en inglés). The Guardian. 29 de decembro de 2004. Consultado o 2 de marzo de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar