Arthur Cravan
Fabien Avenarius Lloyd, nado en Lausana o 22 de maio de 1887 e finado no golfo de México en 1918, máis coñecido co pseudónimo de Arthur Cravan, foi un boxeador e escritor francés.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Fabian Avenarius Lloyd 22 de maio de 1887 Lausana, Suíza |
Desaparición | c. P746 |
Morte | 1918 (30/31 anos) Río Grande, América do Norte |
Causa da morte | morte accidental, afogamento |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Francia Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda |
Actividade | |
Ocupación | boxeador , poeta , escritor |
Pseudónimo literario | Arthur Cravan |
Lingua | Lingua francesa |
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América |
Deporte | Boxeo |
Familia | |
Cónxuxe | Mina Loy |
Fillos | [Jemima] Fabienne Cravan (en) |
Pais | Otho Holland Lloyd (en) e Clara St. Clair Hutchinson (en) |
Irmáns | Otho Lloyd (pt) |
Traxectoria
editarEra fillo de Otho Holland Lloyd, que á súa vez era cuñado de Oscar Wilde, tras casar este en 1884 con Constance Mary Lloyd.
Entre 1912 e 1915 editou e redactou en París a revista Maintenant, da que saíron cinco números. A publicación prefigurou a aparición inminente do movemento vangardista do dadaísmo. Nela había oco para a crítica literaria e artística, xunto a excentricidades e provocacións de todo tipo. Así, nunha ocasión anunciou que se suicidaría en público, o que concentrou a numerosos curiosos, aos que, despois de acusalos de voyeuristas, deu unha conferencia detallada sobre a entropía. Había tamén críticas que caían na descualificación, como á pintora Marie Laurencin, parella de Guillaume Apollinaire.
En 1915, fuxindo da primeira guerra mundial, abandonou Francia e refuxiouse en Barcelona, onde volveu exercer de boxeador e montou unha academia. Organizou un combate con Jack Johnson, campión do mundo naquel momento, que o deixou KO no sexto asalto. Se ben Johnson levou o peso do combate desde o comezo, aguantou até o sexto asalto para tombar o poeta porque asinara un contrato para a filmación do combate, estipulando unha duración mínima.
Despois Cravan embarcouse cara a Nova York, onde coñeceu a personalidades como a poeta Mina Loy, coa que tivo unha intensa relación. Ela comezou a novela Colossus tomándoo como modelo, pero deixouna inacabada.
Arthur Cravan desapareceu en 1918[1] no golfo de México, durante unha travesía polo océano Atlántico, pero o seu corpo nunca foi encontrado.
Obra
editar- Oeuvres (éditions Gérard Lebovici, 1987).
- J'étais cigare: Maintenant con Fragments e unha carta. Eric Losfeld, París, 1971
- Revista Maintenant: números 1 (abril 1912), 2 (xullo 1913), 3 ("Oscar Wilde est vivant!", outubro-novembro 1913), 4 ("L'Exposition des Indépendants", marzo-abril 1914) e 5 ("Poète et boxeur ou l'Âme au vingtième siècle", marzo-abril 1915).
Notas
editar- ↑ André Breton do que foi en 1920 no seu libro Anthologie de l'humour noir.