Marie Laurencin

pintora, poeta e litógrafa francesa

Marie Laurencin, nada en París (10º distrito) o 31 de outubro de 1883 e finada na mesma cidade (7º distrito) o 8 de xuño de 1956, foi unha pintora e litógrafa francesa. Constituíu unha figura importante na vangarda parisiense como membro dos cubistas asociados á denominada Section d'Or.

Infotaula de personaMarie Laurencin
Biografía
Nacemento31 de outubro de 1883 Editar o valor em Wikidata
X Distrito de París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte8 de xuño de 1956 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Parada cardiorrespiratoria Editar o valor em Wikidata)
Lugar de sepulturaCemiterio do Père-Lachaise, 88 48°51′47″N 2°23′51″L / 48.862922, 2.397444
Grave of Marie Laurencin (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaParís Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoPintura e Gravado Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Habas (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpintora , poeta , artista , ilustradora , gravadora , escenógrafa , artista gráfica Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoRetrato e pintura de flores (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
MovementoFauvismo e Cubismo Editar o valor em Wikidata
ProfesoresMadeleine Lemaire (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioLouis Lalanne Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
RepresentanteCarl van Vechten Editar o valor em Wikidata
Participou en
17 de febreiro de 1913Show de Arsenal (pt) Traducir
1912Galeries Dalmau (en) Traducir
1911Salón de Outono
1910Salón dos Independentes Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeOtto von Wätjen (–1920)
ParellaGuillaume Apollinaire (1907–) Editar o valor em Wikidata

Páxina webmarielaurencin.com Editar o valor em Wikidata
Musicbrainz: 25cead73-68a0-4465-bd1e-14d31370286b Discogs: 2393307 Find a Grave: 1295 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Laurencin naceu en París, onde foi criada pola súa nai. Viviu a maior parte da súa vida na capital francesa.[1] Con 18 anos estudou técnicas de pintura sobre porcelana en Sèvres. Máis adiante regresou a París e continuou a súa formación artística na Académie Humbert, onde se centrou na pintura ao óleo.

Durante os primeiros anos do século XX, Laurencin constituía unha figura importante da vangarda parisiense. Era membro tanto do círculo de Pablo Picasso como dos cubistas vencellados coa Section d'Or, como Jean Metzinger, Albert Gleizes, Robert Delaunay, Henri le Fauconnier e Francis Picabia. Expuxo con estes no Salon des Indépendants (1910-1911) e no Salon d'Automne (1911-1912). Foi parte da primeira exposición cubista en España en 1912, nas Galeries Dalmau de Barcelona.

Estivo vencellada sentimentalmente co poeta Guillaume Apollinaire e a miúdo era identificada como a súa musa. Amais, Laurencin relacionouse co club literario da expatriada estadounidense e escritora lesbiana Natalie Clifford Barney. De feito, tivo relacións con homes e mulleres. A súa arte reflectía a súa vida, os seus "espíritos gráciles" e "amazonas montando á muller". Deixou no mundo de arte a súa pegada de "queer femme cun toque francés".[2]

Durante a Primeira guerra mundial Laurencin exiliouse en España co seu marido, o alemán Otto von Waëtjen, xa que polo seu casamento perdeu a nacionalidade francesa. O matrimonio posteriormente viviu en Düsseldorf por unha breve tempada. Ela viuse moi afectada pola súa marcha da capital francesa, centro indiscutíbel da creatividade artística.[3] Tras divorciárense en 1920 regresou a París, onde conseguiu éxito financeiro como artista até a crise económica dos anos 30. Durante esa década traballou como mestra de arte nunha escola privada. Viviu en París até a súa morte o 8 de xuño de 1956.

Obra editar

A obra de Laurencin inclúe pinturas, acuarelas, debuxos e impresións. Malia mostrar a influencia dos pintores cubistas Pablo Picasso e Georges Braque, este último amigo íntimo seu, desenvolveu unha aproximación persoal á arte abstracta, acotío centrada na representación de grupos de mulleres e animais. A súa obra traspasa os límites do cubismo na procura dunha estética especificamente feminina mediante o uso de cores pastel e formas curvas. Orixinalmente baseada no fauvismo, simplificou as súas formas pola influencia do cubismo. A partir de 1910 na súa paleta primaban o gris, o rosa e os tons pastel.[4]

O seu distintivo estilo continuou o seu desenvolvemento ao regresar a París en 1920 tralo exilio. As cores tenues e os patróns xeométricos do cubismo foron substituídos por tons claros e composicións ondulantes.[3] A súa marca de identidade eran as figuras femininas etéreas e gráciles e suaves cores pastel que evocaban un mundo encantado.[4]

Até a súa morte, Laurencin continuou a explorar temas de feminidade e o que consideraba representacións de modelos femininos.[5]

Coleccións editar

As obras máis célebres de Laurencin están expostas en coleccións de todo o mundo. No centenario do seu nacemento, en 1983, abriu o Musée Marie Laurencin na cidade xaponesa de Nagano.[6] Na actualidade é o único museo no mundo que contén exclusivamente a obra dunha pintora muller na súa exposición permanente. Masahiro Takano, o fundador da pinacoteca, era un namorado da perspectiva sensual e expresiva de Laurencin, e o museo alberga máis de 600 pezas de arte dela. O museo pechou en 2011, mais puido reabrir en xullo de 2017 no barrio de Chiyoda, Toquio,[7] tralo éxito dunha retrospectiva da pintora no Musée Marmottan Monet de París, con obras da colección de Takano.[8]

A obra de Laurencin tamén está exposta no MOMA (Nova York), o Ermitage (San Petersburgo) e o Tate (Londres). Algúns dos seus traballos máis coñecidos forman parte da colección permanente do Museo de l'Orangerie (París).

Notas editar

  1. Gingeras 2019, p. 233
  2. Pilcher 2017, p. 37
  3. 3,0 3,1 "Les Arts à Paris". Musée de l'Orangerie. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "Marie Laurencin". Musée de l'Orangerie. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2021. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  5. "Marie Laurencin". Artnet. 
  6. "Marie Laurencin: Art, Biography & Art for Sale". Sotheby's. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  7. "About: Marie Laurencin Museum". Musée Marie Laurencin. Consultado o 31 de outubro de 2022. 
  8. "Marie Laurencin en el Musée Marmottan". El Imparcial (en castelán). 24 de abril de 2013. Consultado o 31 de outubro de 2022. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar