Artemisa Semedo

artista e activista galega de orixe caboverdiana

Artemisa del Mar Semedo da Moura, coñecida como Artemisa Semedo, nada en Assomada (Cabo Verde) en 1985, é unha artista, poeta, actriz, activista e socióloga galega e caboverdiana lesbiana.[1][2]

Infotaula de personaArtemisa Semedo
Biografía
Nacemento(pt) Artemisa del Mar Semedo da Moura Editar o valor em Wikidata
1985 Editar o valor em Wikidata (38/39 anos)
Assomada, Cabo Verde (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCabo Verde Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoDiáspora africana Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsocióloga , activista , actriz , poeta , artista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu na localidade caboverdiana de Assomada, na illa de Santiago.[1] Cando contaba con tres anos, a súa familia emigrou a Burela, onde se uniu á comunidade caboverdiana que buscaba traballo en Alúmina Aluminio. Porén, finalmente o seu pai traballou no mar.[1] A súa nai foi unha das integrantes do grupo musical composto por doce mulleres caboverdianas, Batuko Tabanka.[1][3]

Iniciou a carreira de Socioloxía na Universidade da Coruña.[1] Pasou a integrar o colectivo Afrogalegas con outras mulleres afrodescendentes galegas como Yosi Ledesma ou Zinthia Álvarez. O colectivo reclamaba representación social e maior visibilidade das súas diferentes identidades.[4] Uniuse tamén ao colectivo de poetas Esbardalle e á compañía de teatro Artes pola Integración.[5] Formou parte do elenco de «Hijas de Bernarda», un proxecto de investigación teatral sobre a obra La casa de Bernarda Alba de Federico García Lorca desenvolvido no Teatro del Barrio (Madrid).[6]

Impartiu talleres de escritura creativa coas escritoras Estíbaliz Espinosa, Antía Otero e Noelia Morgana.[5] Participou en recitais de poesía e colaborou en proxectos como «Lua Sua y Artemisa» ou «Bailando versos», en que mestura a poesía con diferentes disciplinas artísticas.[2] Xunto co artista marroquí Mbarek Bouchichi e o cubano José Ramón Hernández participou nun proxecto educativo co Museo Raíña Sofía, amais de impartir obradoiros en solitario en devandita institución.[1][7] En 2022 tamén formou parte das accións en torno ao Día Internacional da Muller do Museo Nacional de Antropoloxía xunto a Esther Mayoko Ortega, Anna Fux, Celia Montoya, Fátima Aspiritou, Iki Yos Piña Narváez e Mabel Chapata.[8]

Recoñecementos editar

En 2020 Semedo foi incluída no libro Diversas, libres nuestras vidas de mujeres LBT, editado por COGAM, que recolle os relatos de vida de 20 mulleres bisexuais, lesbianas e trans.[9] En 2021 foi unha das 12 mulleres LBT residentes en Galiza retratadas na mostra de Susana Milnes Aler A rede visible, xunto a Cristy Shedimar, Lucía Trenor López, Marta Herraiz, Andrea Nunes Brións, Elena Ferro Lamela, Rocío Fraga Sáenz, María Halcón, Cristina Yagüe, Xácia Ceive, Patricia López-Carcedo e Marta Álvarez.[10]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 García, Y. (11 de febreiro de 2022). "Artemisa Semedo, artista multidisciplinar que creció en Burela: «Estou moi orgullosa da miña cultura mesturada galega e caboverdiana»". La Voz de Galicia (en castelán) (Burela). Consultado o 2 de xullo de 2023. 
  2. 2,0 2,1 García, Elena (12 de xuño de 2021). "Artemisa Semedo: “Representar obras clásicas como mujeres negras me parece algo primordial, porque este territorio también nos pertenece”". El Salto (en castelán). Consultado o 2 de xullo de 2023. 
  3. "El grupo musical Batuko Tabanka de Burela actuará en el Día de Cabo Verde en la Expo de Zaragoza". Europa Press (en castelán) (Santiago de Compostela). 19 de xuño de 2008. Consultado o 2 de xullo de 2023. 
  4. RTVE (05 de abril de 2022). Artemisa Semedo, artista multidisciplinar (en castelán). 
  5. 5,0 5,1 "A mis hermanas. Voces Afroféminas". Afroféminas (en castelán). 23 de setembro de 2019. 
  6. "Hijas de Bernarda". Teatro del Barrio (en castelán). 
  7. "El Museo Reina Sofía convoca varios talleres en torno al 8M". Masdearte (en castelán). 
  8. "Día de la mujer en el Museo Nacional de Antropología". Espacio de Igualdad del Ministerio de Cultura y Deporte (en castelán). 
  9. COGAM-Madrid. "Libro: Diversas, Libres, Nuestras". Issuu (en castelán). 
  10. Castelló Paz, Laura Fátima (marzo de 2021). "A rede visible" (PDF). Trabajadora (en castelán) (72): 6. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de maio de 2023. Consultado o 02 de xullo de 2023.