Araúxo, tamén encontrado nas grafías de Araújo ou Araujo (pronuncia en galego: [[aɾaˈuʃʊ], pronuncia en portugués: [ɐɾɐˈuʒu], pronuncia en castelán: [aˈɾauxo] ou [aɾaˈuxo]), é un sobrenome galego de orixe nobre medieval. Posibelmente o nobre Don Rodrigo Anes de Araúxo, señor do desaparecido Castelo de Araúxo, situado na aldea da Vila (parroquia de San Martiño de Araúxo, en Lobios), foi o primeiro en utilizar o apelido de Araúxo. O seu bisneto Pedro Anes de Araúxo pasou para o reino de Portugal, arredor de 1375, sendo o primeiro Araúxo en establecerse alá.

Brasón de armas da familia Araúxo

Historia editar

O proxenitor de sobrenome de Araúxo probabelmente é Don Rodrigo Annes, que foi o Señor do Castelo e das terras de Araúxo, localizadas ao sur do Reino da Galiza, na actual provincia de Ourense. Ese castelo ficaba na fronteira entre o Reino de Galiza e o norte de Portugal. Algúns apuntan o cabaleiro Vasco de Araujo, como o primeiro en empregar de alcume ese sobrenome.[1]

Segundo diversos historiadores, Don Rodrigo Annes de Araúxo era descendente de membros das familia reais do reino de Francia e do reino de Borgoña a través dun nobre cabaleiro francés chamado Iohannes Tirante, tamén coñecido como Jean Tiranothe. Este cabaleiro francés, xuntamente con gran número de cabaleiros de Francia e de Borgoña, participaron nas batallas da Reconquista na Península Ibérica, axudando a expulsar os mouros e defender os reinos cristiáns. As terras reconquistadas eran doadas aos cabaleiros que participaban nas batallas, así como outros privilexios reais.[2]

A existencia deste cabaleiro é comprobada ao longo das actas de privilexios reais concedidos polo rei Afonso VII e seu fillo, onde é posíbel ver o nome Iohannes Tirante entre os nobres que recibiron privilexios reais. O seu nome tamén aparece nun pergamiño datado en 1139, no cal é mencionado xuntamente con outros nobres implicados na reconstrución dunha igrexa ao sur de Galiza.[3][4] Iohannes Tirante sería fillo dun nobre galego chamado Fernando Annes, cunha muller francesa de orixe nobre, descendente das casas reais de Francia e de Borgoña, probabelmente unha das fillas ou netas do rei Filipe I de Francia, ou da Duquesa Hidegarda da Borgoña. El mudouse para Galiza despois de 1128, para axudar o seu pai que era un dos homes máis poderosos daquel reino. Neste período, alén de loitar contra os mouros, tamén axudaría o rei Afonso VII de León a defender os intereses galegos contra o príncipe Afonso Henriques, que tentaba proclamarse rei de Portugal. Cómpre resaltar que na época Portugal era un condado vencellado ao reino de Galiza.

Segundo Alexandre Herculano, o ano de 1139, Fernando Annes —que era coñecido polo título Princeps Limiae por ser gobernador no sur de Galiza— defendería as terras de Galiza contra os ataques de Afonso Henriques. Iso cadra perfectamente co que din os cronistas, pois Iohannes Tirante loitaría nesta batalla, na cal, el canda seu pai, parentes e amigos seus, derrotarían Afonso Henriques.[5]

Despois dalgún tempo en Galiza, Iohannes Tirante casou cunha muller chamada Mayor Garces de Asa, filla do Conde Don Garcia de Asa. A familia de Asa era naquela época unha das máis poderosas do reino, descendentes dun dos Infantes do reino de León, o que axuda a explicar as orixes da familia Araúxo na casa de Asa, como sosteñen algúns xenealoxistas. Do casamento con Dona Mayor Garces de Asa, Iohannes Tiante tivo polo menos un fillo, chamado Xoán Annes, que foi Capitán de armas no reinado de Afonso VII. Este Xoán Annes á vez sería antepasado de Rodrigo Anes, señor do castelo de Araúxo.[2]

Deste Rodrigo Annes descenderam os Araúxos de Galicia, onde foron señores de moitos lugares. Ao longo do tempo moitos membros desta familia pasaron para o reino de Portugal, onde casaron con membros da alta nobreza, dando orixe a varias ramas da familia Araúxo, que pasou a ser unha das familia de nobres do reino de Portugal. Durante a colonización, algúns membros da casa dos Araúxo marcharon para o Brasil, principalmente para Pernambuco, xacando a Capitanía máis rica e próspera do Brasil. Alí están presentes desde o século XVI, cando foron convidados por Don Duarte Coello, o primeiro Gobernador daquela capitanía, que ao se tornar beneficiario de Pernambuco, decidiu levar para a súa Capitanía algúns membros da nobreza portuguesa. Ao ficar en Pernambuco esta familia tornou nunha das máis poderosas e ramificouse en distintas ramas.

O Marqués de Olinda, que gobernou Brasil durante a infancia do emperador Don Pedro II, era un dos membros da casa de Araúxo. Ademais deles, hai Araúxos ocupando diversas funcións e cargos na administración, tanto no reino de Portugal coma no Brasil.

Homenaxes editar

O bispo de Malaca, D. João Ribeiro Gaio, dedicou aos Araúxo esta quintilla:

Através de Bitorinho

em sepulcros já gastados

Araújos afamados

na terra que rega o Minho,

antigos, abalisados.

Manuel de Sousa da Silva escribiu a seguinte:

Lá de Lobios de Galliza

Vieram para Lindoso

Os de gremio valoroso

de Araújo por guiza

Que foi cá mui poderoso...

Armas editar

  • As armas usadas en Portugal, son: de prata, con aspa de azul cargada de cinco besantes de ouro, postos en aspa. Timbre: medio mouro, sen brazos, vestido de azul e fotado de ouro ou a aspa do escudo. Os Araúxo, alcaldes-maiores de Lindoso, usaron talvez armas diversas, semellantes ás dos Veloso.

Bibliografía editar

  • ARAÚJO PEREIRA, Ernestino de, Manuel Elias e sua família Araújo Pereira, Rio de Janeiro, 1983.
  • ARMORIAL LUSITANO, Editorial Enciclopédia Ltda., Lisboa, 1961, Prof. Afonso Eduardo Martins Zuquete.
  • FREITAS, Vicente. BELA CRUZ - biografia do município. Florianópolis: Bookess Editora, 2012. pp. 319-66.

Notas editar