Castelo de Araúxo
O castelo de Araúxo foi unha fortaleza situada nas inmediacións da aldea da Vila, na parroquia de San Martiño de Araúxo, municipio de Lobios.
Castelo de Araúxo | ||||
---|---|---|---|---|
Tipo | castelo ![]() | |||
Conservación | en ruínas ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Araúxo ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia de Ourense | |||
Concello | Lobios | |||
Parroquia | Araúxo ![]() | |||
Altitude | 536 m ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Estaba situado nun alto a 536 metros sobre o nivel do mar, enriba dun rochedo, aproveitando a orografía para erguer os muros e a torre do homenaxe, no centro dunha vasta extensión de terreo sucado por varios ríos, ao norte, o río Salas, ao oeste o río Limia, ao suroeste o río Cabaleiro. Dende aquí vense as serras do Xurés e Santa Eufemia en Lobios, dos montes do Quinxo e a Montaña en Entrimo, boa parte destes dous concellos e dos de Lobeira, Muíños e Bande. Estaba vencellado ao castelo de Lindoso, que tamén pertencía á familia dos Araúxo. Consérvanse as ruínas dos alicerces, carecendo de clasificación por parte do poder público, fixéronse escavacións arqueolóxicas no ano 1991, dentro do proxecto O encoro de Lindoso e o seu entorno (Lobios, Ourense)[1], polos arqueólogos Manuel Xusto Rodríguez e Celso Rodríguez Cao. Actualmente, só é visible o foxo escavado na rocha e pequenos anacos de muros.
Historia
editarO castelo de Araúxo construíuse no século XII. O rei Afonso II entregoullo ao bispo de Ourense. Comezou sendo unha fortificación da familia dos Araúxo.
Durante a Guerra de Restauración Portuguesa tomárono as tropas portuguesas ás ordes do xeneral Gastão Coutinho. En setembro de 1641 entraron pola Portela do Home e tomaro este castelo e diferentes vilas.[2]
Destruíuse no ano 1704 durante a guerra de sucesión[3].
Este castelo tivo moita importancia nas guerras constantes con Portugal polo dominio destas terras.
Estudo arqueolóxico
editarDo estudo arqueolóxico feito por Manuel Xusto Rodríguez a comezo da década de 1990, aparece parte dun guerreiro con cota de malla, dúas placas, un axóuxere, e varias puntas de dardo e unha de frecha, datados entre os anos 1301 e 1500[4]. Todo este material está depositado no Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.
Notas
editar- ↑ "Castelo de Araúxo". Colecciones en Red. Consultado o 06-02-2021.
- ↑ "Relaçaõ da entrada, que o Fronteiro Môr Dom Gastaõ Coutinho fez pelo Reyno de Galiza em noue de Setembro deste anno de 1641". Consultado o 03-04-23.
- ↑ "Araujo, Castillo de". Asociación Española de amigos de los castillos. Consultado o 06-02-2021.
- ↑ "Colecciones en Red". Consultado o 06-02-2021.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Xusto Rodríguez, Manuel (2005). O castelo de Araúxo. ISBN 84-453-4274-6.
Ligazóns externas
editar- "O Castelo de Araúxo". Bordejar. Consultado o 06-02-2021.