Apollo 13 (filme)

filme de 1995 dirixido por Ron Howard

Apollo 13 é un filme estadounidense de 1995, dirixido por Ron Howard. Protagonizárono Tom Hanks, Kevin Bacon, Bill Paxton, Gary Sinise e Ed Harris. O guión é obra de William Broyles, Jr. e Al Reinert, que dramatiza a misión lunar abortada de 1970 Apollo 13. O filme é unha adaptación do libro Lost Moon do astronauta Jim Lovell e Jeffrey Kluger.

Apollo 13
Ficha técnica
Título orixinalApollo 13
DirectorRon Howard
ProdutorBrian Grazer
GuiónWilliam Broyles, Jr.
Al Reinert
Baseado enLost Moon de Jim Lovell e Jeffrey Kluger
IntérpretesTom Hanks
Kevin Bacon
Bill Paxton
Gary Sinise
Ed Harris
MúsicaJames Horner
FotografíaDean Cundey
MontaxeDaniel P. Hanley
Mike Hill
EstudioImagine Entertainment
DistribuidoraUniversal Pictures
Estrea 30 de xuño de 1995
Duración140 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Orzamento$52 000 000[1]
Recadación$355 237 933
Na rede
IMDB: tt0112384 Filmaffinity: 720320 Allocine: 13211 Rottentomatoes: m/apollo_13 Mojo: apollo13 Allmovie: v134963 TCM: 67523 Metacritic: movie/apollo-13 TV.com: movies/apollo-13 BNE: XX3834349 Netlix: 262866 Editar o valor en Wikidata

Narra a historia da nave espacial Apollo 13, que engalou con tres astronautas a bordo para viaxar á Lúa, onde dúas deles realizarían tarefas de exploración. Unha vez no espazo prodúcese unha explosión a bordo. As avarías resultantes poñen en serio perigo a vida dos tres homes. Eles convértense agora na máxima prioridade do centro de control de Houston. Con todo, a nave debe continuar a súa viaxe cara á Lúa e aproveitar a súa forza gravitatoria para dar a volta e volver á Terra. Pero ninguén sabe se a nave resistirá durante os minutos que durará a entrada na atmosfera terrestre.

Personaxes

editar

Características

editar

Está baseada no libro Lost Moon, de Jim Lovell e Jeffrey Kluger. Gañou dous Premios Óscar, ó mellor son, e á mellor montaxe, e obtivo outras sete nomeamentos, á mellor película, ao mellor actor secundario (Ed Harris), á mellor actriz secundaria (Kathleen Quinlan), á mellor dirección artística, ao mellor guión adaptado, aos mellores efectos especiais, e á mellor música.

  1. "CNN Showbiz News:Apollo 13". CNN. Consultado o 9 de abril de 2009.