Antonio Sánchez González
Antonio Sánchez González, nado en Ourense o 28 de xullo de 1901[1] e finado na mesma cidade o 15 de agosto de 1965, foi un mestre galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de xullo de 1901 ![]() Ourense, España ![]() |
Morte | 15 de agosto de 1965 ![]() Ourense, España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | mestre ![]() |
Traxectoria
editarFillo de Delfín Sánchez Novoa e da mestra Sira González Cid. Estudou o bacharelato no Instituto de Ourense.[2] Foi mestre interino de Piñor,[3] e propietario de San Xurxo (San Xoán de Río),[4] As Neves,[5] e Trasalba; despois foi director da escola graduada de Ourense.[6] Amigo de Otero Pedrayo e membro das Irmandades da Fala, asistiu á IV Asemblea Nacionalista de Monforte.[7] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi suspendido temporalmente de emprego e soldo pola Comandancia Militar de Ourense en agosto.[8] Foi reposto provisionalmente en outubro de 1937,[9] e sancionado con perda de haberes dos tres primeiros meses de suspensión en novembro dese ano.[10] En 1941 abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[11] Finou en Ourense o 15 de agosto de 1965.[12]
Vida persoal
editarCasou en Tui con Margarita Abundancia Fortes, filla de Pío Abundancia Álvarez, en 1930,[13] e foi pai de Margarita, que casou con Adelmo Salgado Pérez, Sira-Petra, que casou con Paulino Fernández Otero,[14] María Rita, que casou con Manuel Domínguez Lorenzo,[15] e María de los Dolores Sánchez Abundancia.
Notas
editar- ↑ Primer escalafón de maestros de escuelas nacionales existentes en 31 de diciembre de 1933. Madrid: Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. 1934. p. 84.
- ↑ La Región, 5-6-1914, p. 3.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-2-1927, p. 11.
- ↑ La Región, 12-7-1927, p. 1.
- ↑ La Región, 17-12-1929, p. 8.
- ↑ Grupo Escolar nº 1
- ↑ Identificando persoeiros das Irmandades da Fala
- ↑ La Región, 4-8-1936, p. 4.
- ↑ La Región, 15-10-1937, p. 4.
- ↑ La Región, 18-11-1937, p. 4.
- ↑ BOE, 7-11-1941, p. 4082.
- ↑ Necrolóxica en La Región, 15-8-1965, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 21-8-1930, p. 7.
- ↑ La Región, 1-7-1953, p. 8.
- ↑ El Pueblo Gallego, 11-12-1959, p. 11.