Antonio Denzio, nado en Venecia o 23 de setembro de 1689 e finado contra 1763, foi un impresario, tenor e libretista italiano.

Infotaula de personaAntonio Denzio
Biografía
Nacemento1689 Editar o valor em Wikidata
Venecia Editar o valor em Wikidata
Morte1763 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeRepública de Venecia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante de ópera , libretista , poeta Editar o valor em Wikidata
TesituraTenor Editar o valor em Wikidata

InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata

IMSLP: Category:Denzio,_Antonio Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Antonio Denzio naceu no seo dunha familia de músicos e ligada á ópera, comezando unha carreira principalmente como cantante ata 1724, cando viaxou a Bohemia como membro da compañía de ópera de Antonio Maria Peruzzi, prováblemente o seu tío. Peruzzi tiña a idea de levar a unha compañía de ópera italiana a Europa Central para actuar primeiramente en Praga, e logo en Dresden e Leipzig. A compañía dirixiuse primeiro a Bohemia baixo o padronazgo do Conde Franz Anton von Sporck, quen lles fixo actuar no seu pazo de Kuks, ao noroeste de Bohemia no verán de 1724. As actuacións tiveron moito éxito, o que permitiu á compañía tocar gratis no seu pazo de Praga. Tras unha serie de desacordos con Peruzzi, Denzio foi quen de suplantalo antes do final do ano 1724 e continuou con producións no pazo de Sporck ata 1735. Peruzzi marchou con algúns dos cantantes da Peruzzi-Denzio players para fundar a Ópera de Breslau. O teatro de ópera de Denzio no pazo de Sporck foi o primeiro teatro de ópera na cidade. As súas producións foron populares entre a nobreza bohemia ata 1729, logo disto, as finanzas de Denzio se deterioraron. O Conde Sporck non proporcionou axuda financeira á compañía agás o emprego gratuíto do seu teatro. A compañía declarouse en bancarrota e Denzio foi forzado a ingresar en prisión. Durante os seus mellores tempos, Denzio foi capaz de atraer alo menos a unha das principais estrelas do belcanto italiano a Praga cada tempada, sendo a máis destacada delas Margherita Gualandi, quen foi forzada a viaxar a Praga logo de ter sido vetada en Italia por mal comportamento. Denzio procurou a axuda de Antonio Vivaldi a atopar cantantes para a súa compañía, e o compositor envioulles música. A principios dos anos 1730, Vivaldi viaxou a Praga. Algunhas das partes da música para unha das súas óperas compostas para Praga, Argippo, foron redescubertas recentemente.

Illado como estaba da súa base en Venecia, Denzio foi obrigado a converterse nun home para todo: cantaba nas producións da súa compañía e tamén se prodigou como poeta. Denzio escribiu algúns libretos longos, sendo o máis significativo La pravità castigata (1730), a ópera máis temperá baseada no Don Juan que empregou organización e personaxes orixinais.

Logo dun breve retorno a Venecia en 1735, Denzio tentou crear outra vez compañías de ópera en Europa do Norte, incluíndo Bruxelas e Augsburgo. Desafortunadamente, tódolos intentos fracasaron. A súa última aparición nos chega dun anuncio nun xornal de Moscova en 1763.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar