Antonio Blanco Solla

político galego

Antonio Blanco Solla, nado en Marín o 30 de decembro de 1897 e finado na mesma vila o 31 de decembro de 1936, foi un canteiro e político galego.

Infotaula de personaAntonio Blanco Solla
Biografía
Nacemento30 de decembro de 1897 Editar o valor em Wikidata
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Morte31 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Militante do PSOE. Coa República foi elixido concelleiro en Marín e segundo tenente de alcalde. Logo da dimisión do alcalde Agustín Rey Fonseca e do primeiro tenente de alcalde Joaquín Muíños Touza, foi designado alcalde en maio de 1931,[1] permanecendo no cargo até outubro de 1934. Presentouse como candidato do PSOE ás eleccións de 1933 pola circunscrición de Pontevedra, mais non obtivo escano. Non se presentou nas listas da Fronte Popular ás eleccións de 1936. En 1936 foi reposto no cargo de alcalde de Marín. En abril foi elixido compromisario por Pontevedra para a elección do Presidente da República.

Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido dous días despois do pronunciamento, o 20 de xullo de 1936. Preso xunto cos veciños de Marín Armando Iglesias Pérez, Santiago Ramos Ramos, Demetrio Lorenzo Ordóñez, Albino Agraso Santamaría e Bernardino de la Torre Fernández; xulgáronos o 18 de decembro nun consello de guerra celebrado en Pontevedra e executáronos por un delito de rebelión o 31 de decembro[2].


Predecesor:
Agustín Rey Fonseca
  
Alcalde de Marín
 
1931 - 1934
Sucesor:
Nicolás Vinteño Romero
Predecesor:
Ezequiel Massoni González
  
Alcalde de Marín
 
1936
Sucesor:
José Alcántara Fernández

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar