Antón Gómez-Reino

político galego

Antón Gómez-Reino Varela, nado como Antonio Gómez-Reino Varela e coñecido como Toné, nado na Coruña en 1980, é un político galego.

Antón Gómez-Reino
(Tone Gómez-Reino) Por una PAC más justa. Tone Gómez-Reino..jpg
Nacemento7 de marzo de 1980
Lugar de nacementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
Na rede
Facebook: anton.gomezreinovarela Twitter: tone_corunha Instagram: antongomezreino Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

É técnico en saúde ambiental e activista social na Coruña. Foi un dos asinantes do Manifiesto Mover Ficha, que iniciou o movemento que callou en Podemos. Foi un dos impulsores da Marea Atlántica. En xaneiro de 2015 integrouse no equipo de Breogán Riobóo, primeiro secretario xeral do partido en Galicia.[1]

É deputado no Congreso dos Deputados dende 2016 (XI lexislatura). Encabezou a lista de En Marea pola provincia da Coruña nas eleccións xerais de 2015 e nas de 2016, así como a lista de En Común-Unidas Podemos pola mesma circunscrición nos comicios de abril e de novembro de 2019.

Foi secretario xeral de Podemos en Galicia dende outubro de 2018, cando gañou as eleccións primarias sobre Carolina Bescansa[2]. Mantívose ata decembro de 2022, cando foi substituído por Borja San Ramón.

Nas eleccións ao Parlamento de Galicia de 2020 foi elixido como candidato do Grupo Común da Esquerda para a presidencia da Xunta de Galicia, como líder da coalición de Podemos Galicia, Esquerda Unida, Anova e as mareas municipalistas.[3] A formación non obtivo ningún escano, polo que se mantivo como deputado no Congreso.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar