Breogán Riobóo

político galego

Alexo Breogán Riobóo Lois, nado na Gándara (Narón) o 28 de xullo de 1986,[1] é un traballador social e político galego vinculado ao pensamento nacionalista. Foi o primeiro Secretario Xeral de Podemos Galicia, cargo que conseguiu logo dunhas eleccións primarias nas que encabezaba a candidatura "Claro Que Podemos Galicia".[2]

Infotaula de personaBreogán Riobóo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1986 Editar o valor em Wikidata (37 anos)
Narón Editar o valor em Wikidata
Secretario Xeral Podemos Galicia
2015 – 2016 – Carmen Santos Queiruga → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad Nacional de Educación a Distancia - Mestrado (2020–2021)
Universidade de Vigo (2016–2020) Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónTeleoperador, Político
EmpregadorUniversidade de Vigo (2021–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

Facebook: BreoganRiobooLois Twitter: BreoganRL LinkedIn: breorioboo Editar o valor em Wikidata

Traxectoria académica editar

Fixo a educación infantil no Colexio San Rosendo e a educación primaria no CEIP San Xoán de Filgueira. Fixo a Educación Secundaria Obrigatoria, con mención bilingüe francés-castelán, e o Bacharelato Científico-Técnico no IES Sofía Casanova de Ferrol.

Comezou Ciencias Empresariais na Universidade de Santiago de Compostela (campus de Lugo), e continuounos na Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade da Coruña, aínda que non finalizou a carreira ao comezar a traballar a tempo completo de xeito continuado.

No ano 2016 retoma a súa traxectoria académica, iniciando o Grao en Traballo Social pola Universidade de Vigo, no campus de Ourense. Finaliza os seus estudos no ano 2020 presentando o seu traballo de fin de grado titulado: Aspectos éticos e formativos da asistencia persoal en España. Durante a realización do grao obtivo diferentes premios e distincións académicas da Xunta de Galicia polas súas cualificacións no curso 2017/2018[3], no curso 2018/2019[4], así como o premio de fin de grao para o alumnado que rematara os seus estudos no ano 2020[5].

Posteriormente, realizou o mestrado de formación do profesorado na UNED no curso 2020/2021, antes de iniciar o doutoramento na Universidade de Vigo en outubro de 2021. Dende o 1 de decembro dese ano traballa como investigador predoutoral na Facultade de Educación e Traballo Social tras conseguir un contrato FPU do Ministerio de Universidades.

Traxectoria social e política editar

Comezou a súa actividade política aos 16 anos como militante de Galiza Nova logo da catástrofe do Prestige[6], no ano 2002. Foi membro dos Comités Abertos de Faculdade na Escola Universitaria de Estudos Empresariais da Universidade da Coruña, onde formou parte do Claustro Universitario. Participou da refundición dos CAF nos Comités, logo da unión cos Comités Abertos de Escola[7].

No 2007 causou baixa de Galiza Nova por diferenzas coa dirección local do Bloque Nacionalista Galego de Ferrol, quedando á marxe da actividade política e mantendo a súa involucración a nivel estudantil. Posteriormente, e logo da marcha de 165 membros dos Comités[8], colaborou na constitución da Liga Estudantil Galega.

Entre o 2011 e o 2015, mentres traballaba como teleoperador, foi delegado sindical e membro do Comité de Empresa de Teleperformance A Coruña pola Confederación Intersindical Galega.

No ano 2012 retomou o contacto coa política trala aparición da Alternativa Galega de Esquerda, formando parte da Coordinadora Local de ANOVA-Irmandade Nacionalista na cidade de A Coruña. Dimite de dito órgano meses antes das eleccións ao Parlamento Europeo de 2014. Pasadas estas eleccións toma contacto co Círculo de Podemos A Coruña, representándoo como un dos seus portavoces nos medios de comunicación[9]. O 14 de febreiro de 2015, logo do proceso de primarias de Podemos, foi escollido Secretario Xeral de Podemos Galicia por unha ampla maioría e recibindo máis de 1.800 votos[10]. Tras diferenzas coa dirección estatal de Podemos, entre outros aspectos, respecto á plurinacionalidade do Estado[11], é cesado do seu cargo en marzo de 2016 para celebrar unhas novas eleccións primarias.

Mentres cursa o Grao en Traballo Social na Universidade de Vigo é representante do estudantado no Consello de Departamento de Análise e intervención psicosocioeducativa, na Xunta de Facultade, na Xunta de Titulación, dende a que impulsa o cambio de nome do centro[12], e no Claustro Universitario.

Na actualidade, é novamente membro do Claustro Universitario da Universidade de Vigo en representación da Asociación do Persoal Investigador da UVigo, entidade da que é o seu secretario e membro fundador. Ademais, é membro da Comisión de Estudos Propios e do Comité de Ética da Investigación (CETIC) da propia universidade.

Notas editar

  1. Punzón, C. (24 de xaneiro de 2015). "Breogán Riobóo: «Os actos da esquerda baleiraron o seu significado»". La Voz de Galicia. Consultado o 26 de xaneiro de 2015. 
  2. R, A (15 de febreiro de 2015). "Breogán Rioboo gaña con claridade e liderará Podemos en Galiza". Arquivado dende o orixinal o 15 de febreiro de 2015. Consultado o 15 de febreiro de 2015. 
  3. "Concesión de los premios de excelencia académica al alumnado de grado universitario oficial que obtuviera las mejores calificaciones en el curso 2017/2018 en las universidades del SUG" (PDF). Xunta de Galicia. 
  4. "Resolución de la convocatoria de los premios de excelencia académica al alumnado de grado universitario oficial que obtuviera las mejores calificaciones en el curso 2018/2019 en las universidades del SUG" (PDF). Xunta de Galicia. 
  5. F, J. (2022-03-02). "Os 6 premiados do campus de Ourense por unha carreira brillante". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2022-09-01. 
  6. Euronews (16 outubro 2012). Prestige: cronología de un desastre anunciado (Euronews). 
  7. "Vieiros: Galiza Hoxe - CAF e CAE preparan a súa fusión para crear unha nova organización estudantil". www.vieiros.com. Consultado o 2022-09-01. 
  8. "Escisión dos Comités crea Liga Estudantil Galega" Arquivado 29 de maio de 2015 en Wayback Machine., artigo en Galicia Hoxe, 30 de marzo de 2011.
  9. "Foro aberto: que é Podemos?". TVG. 7 de novembro de 2014. Consultado o 26 de xaneiro de 2015. 
  10. "Breogán Riobóo, elegido líder de Podemos en Galicia". 14 de febreiro de 2015. Consultado o 16 de febreiro de 2015. 
  11. Diario, Nós (2017-11-09). "Plurinacionalide? A importancia de ser exemplo...". Nós Diario. Consultado o 2022-09-01. 
  12. "La Facultade de Ciencias da Educación del campus cambia de denominación". La Voz de Galicia (en castelán). 2020-06-16. Consultado o 2022-09-01.