Carolina Bescansa
Carolina Bescansa Hernández, nada en Santiago de Compostela o 13 de febreiro de 1971,[1] é unha política e politicóloga galega. Desde o 20 de decembro de 2015 é deputada electa de Podemos por Madrid.[2]
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carolina Bescansa Hernández 13 de febreiro de 1971 (53 anos) Santiago de Compostela, España |
Deputada de España | |
13 de xullo de 2016 – 5 de marzo de 2019 Lexislatura: XII lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións xerais de España de 2016 | |
Deputada de España | |
8 de xaneiro de 2016 – 19 de xullo de 2016 Lexislatura: XI lexislatura de España Circunscrición electoral: Circunscrición electoral de Madrid Electa en: Eleccións xerais de España de 2015 | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade Complutense de Madrid - doutoramento Universidade de Granada University of San Diego (en) |
Actividade | |
Ocupación | Política, socióloga, científica política e profesora asociada. |
Empregador | Universidade Complutense de Madrid |
Partido político | Podemos Máis País |
Traxectoria
editarCarolina Bescansa é neta do farmacéutico e fundador dos Laboratorios Bescansa Ricardo Bescansa Castilla, e filla do anestesista Fermín Bescansa [3] e Adelina Hernández. Comezou os seus estudos de Socioloxía e Ciencias Políticas na Universidade de Granada en 1989, mais licenciouse na Universidade Complutense de Madrid e doutorouse na mesma universidade.[4]
Especialista en Metodoloxía da Investigación en Ciencias Sociais, é profesora na Facultade de Ciencias Políticas da Universidade Complutense. En 2014 no seo desa facultade naceu a iniciativa Podemos, que logo se converteu en partido político.[5] Carolina Bescansa foi unha das tres fundadoras e unha das cabezas visibles da formación ao longo de 2014.
Tras as eleccións europeas de 2014, Carolina Bescansa —que non foi nas listas— aumentou as súas aparicións en actos do partido e en tertulias televisivas. O 15 de novembro de 2014, foi elixida membro do Consello Cidadán (dirección do partido) con preto do 85% dos votos, converténdose así na muller coa maior responsabilidade na representación do partido.
En 2015 ocupou o segundo posto na listaxe de Podemos ao Congreso dos Deputados pola circunscrición de Madrid nas eleccións xerais e logrou o escano.[2] O día da constitución das Cortes Xerais anunciou a súa candidatura á presidencia do Congreso e competiu contra o candidato acordado polo PP, o PSOE e Cs, o ex-lehendakari socialista Patxi López[6]. Obtivo o apoio de 71 deputados (os 69 de Podemos mais os 2 de Unidad Popular), que non foron suficientes para superar os 130 conseguidos por López.[7]
En abril de 2016, Bescansa presentou unha demanda contra o xornalista radiofónico Federico Jiménez Losantos por insinuar que o seu fillo ía drogado e en setembro de 2017 gaña esta demanda. Federico Jiménez Losantos e o seu medio Libertad Digital S. A. son condenados a indemnizar con 10 000 euros a Carolina Bescansa "por intromisión ilexítima no dereito ao honor".[8]
O 1 de febreiro de 2017, abandonou o seu posto como secretaria de Análise Política e Social de Podemos días antes da II Asemblea Cidadá Estatal.
En outubro de 2018 competiu con Antón Gómez-Reino para presidir a secretaría xeral de Podemos en Galicia.[9] Perdeu a votación ao obter 1 400 puntos (45,02% dos votos) fronte aos 1 710 (54,98%) de Antón Gómez-Reino Varela.[10]
Nas eleccións xerais de novembro de 2019 foi a cabeza de lista na provincia da Coruña de Más País[11]
Ten unha filla e un fillo.[12]
Notas
editar- ↑ "Congreso. Carolina Bescansa". Arquivado dende o orixinal o 14 de xuño de 2017. Consultado o 13 de decembro de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 S.L, Titania Cía Editorial. "Listado de los diputados electos en los comicios de hoy - Lunes, 21 Diciembre 2015 01:59". El Confidencial (en castelán). Consultado o 2018-12-13.[Ligazón morta]
- ↑ "Carolina Bescansa, la «oveja negra» de una dinastía gallega". ABC (en castelán). 21 de marzo de 2015. Consultado o 5 de marzo de 2018.
- ↑ "Carolina Bescansa Hernández - Transparencia Podemos". transparencia.podemos.info (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2018. Consultado o 6 de marzo de 2018.
- ↑ Villar, C. "Una gallega en el origen de Podemos". www.laopinioncoruna.es (en castelán). Consultado o 2018-12-13.
- ↑ "Rajoy confirma el acuerdo para nombrar a Patxi López presidente del Congreso. Noticias de Elecciones Generales". El Confidencial (en castelán). 2016-01-14. Consultado o 2018-12-13.
- ↑ "Patxi López se estrena como presidente del Congreso pidiendo "diálogo y entendimiento"". ELMUNDO (en castelán). 2016-01-13. Consultado o 2018-12-13.
- ↑ Riveiro, Aitor. "Jiménez Losantos, condenado por decir que Carolina Bescansa drogó a su hijo para llevarlo al Congreso". eldiario.es (en castelán). Consultado o 2018-12-13.
- ↑ "Carolina Bescansa y Gómez-Reino miden proyectos a cuatro días de la elección". La Vanguardia. 2018-10-21. Consultado o 2018-12-13.
- ↑ "Resultado do escrutinio" (PDF). ac3-galicia.podemos.info. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de outubro de 2018. Consultado o 2018-12-13.
- ↑ Jabois, Manuel (2019-11-02). "Carolina Bescansa: “Echo mucho de menos el Podemos que fundamos”". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-11-13.
- ↑ Iolanda Mármol (27-9-2017). "Carolina Bescansa, rebelde sin rastas". El Periódico de Catalunya (en castelán). Consultado o 11-2-2018.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carolina Bescansa |
Ligazóns externas
editar- Carolina Bescansa HernándezArquivado 14 de xaneiro de 2018 en Wayback Machine., na páxina oficial de Transparencia de Podemos (en castelán).
- Perfil de Carolina Bescansa na páxina do Congreso dos DeputadosArquivado 14 de xuño de 2017 en Wayback Machine. (en castelán).