Andréi Túpolev
Andréi Nikolayevich Túpolev (en ruso: Андрей Николаевич Туполев),[1] nado en Pustomázovo, Óblast de Tver, no 29 de outubro de 1888, en finado en Moscova, no 23 de decembro de 1972, foi un deseñador e construtor de avións ruso.
![]() ![]() | |
Nome orixinal | (ru) Андрей Николаевич Туполев ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de outubro de 1888 (Xuliano) ![]() Pustomazovo, Rusia (en) ![]() ![]() |
Morte | 23 de decembro de 1972 ![]() Moscova, Rusia ![]() |
Lugar de sepultura | cemiterio Novodevichii ![]() |
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Imperio Ruso Unión Soviética ![]() |
Educación | Q28666742 ![]() Universidade Técnica Estatal Bauman de Moscova (1908–1918) ![]() |
Actividade | |
Ocupación | Enxeñeiro de aviación , empresario , enxeñeiro , político , aviador ![]() |
Empregador | Tupolev TsAGI (pt) ![]() ![]() |
Partido político | político independente ![]() |
Membro de | |
Profesores | Nikolai Jukovsky (pt) ![]() ![]() |
Lingua | Lingua rusa ![]() |
Carreira militar | |
Lealdade | Unión Soviética ![]() |
Rango militar | coronel-general (pt) ![]() colonel general (en) ![]() ![]() |
Conflito | Fronte Oriental (segunda guerra mundial) ![]() |
Obra | |
Doutorando | Q21857219 ![]() ![]() |
Familia![]() | |
Fillos | Alexei Tupolev ![]() |
Premios
| |
![]() ![]() |
Traxectoria
editarCarreira aeronáutica
editarA partir de 1929, foi un deseñador preeminente, cando traballou no Instituto Central de Aerohidrodinámica de Moscova (TsAGI), onde máis dun centenar de avións, principalmente bombardeiros, (entre eles o Tupolev Tu-26 e o Tupolev Tu-2) e avións de liña como o Tupolev Tu-134, o Tupolev Tu-154 e o supersónico Tupolev Tu-144.
Arresto
editarTupolev foi arrestado en 1937 xunto con outro famoso deseñador de avións, Vladimir Petliakov, acusado de crear un partido fascista. En 1939 foi trasladado a unha prisión de Bolxevo nas proximidades de Moscova, nun sharashka (campo especial), onde tamén foron presos varios dos seus colegas. Oficialmente foi condenado a dez anos, pero en 1944 foi posto en liberdade grazas aos "servizos prestados". No cárcere proporcionáronlle o necesario para "prestar servizos á Patria en perigo", principalmente servizos de enxeñería mecánica e aeronáutica.
Rehabilitación
editarA súa plena rehabilitación non chegou até unha década despois da morte de Stalin. Recibiu entre outras condecoracións e honras a Orde de Georgi Dimitrov, Orde Suvórov, Premio Lenin e Heroe do Traballo Socialista.
Familia
editarO seu fillo Alekséi Túpolev tamén foi un famoso deseñador de avións de liña, participando en proxectos como o Tupolev Tu-144.[2] Andrei morreu en Moscova de morte natural ao lado do seu neto Steffanov Tupolev, fillo do seu fillo Aleksei. Os seus restos repousan no cemiterio de Novodevichy. Steffanov Tupolev é actualmente piloto de probas e deseñador do Tu-334 e Tu-414, así como do avión de carga Tupolev Tu-330.
Notas
editar- As datas dobres indican en primeiro lugar a data segundo o calendario xuliano vixente até a Revolución de Outubro (1917) e en segundo lugar a data segundo o calendario gregoriano, empregado nos países occidentais dende os séculos XVI ou XVIII.
- ↑ "Андрей Туполев". 24SMI (en ruso). Consultado o 2022-12-29.
- ↑ López, José María (2022-07-12). "Tupolev, el avión supersónico ruso que superó al Concorde y del que nadie habla". Hipertextual (en castelán). Consultado o 2022-12-29.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Rusia |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andréi Túpolev |
- Tupolev
- Tupolev SB
- Tupolev Tu-4
- Tupolev Tu-16
- Tupolev Tu-22M
- Tupolev Tu-70
- Tupolev Tu-75
- Tupolev Tu-104
- Tupolev Tu-124
- Tupolev Tu-134
- Tupolev Tu-154
- Sergei Koroliov
- Desestalinización
Ligazóns externas
editar