O Tupolev Tu-4 (designación OTAN: Bull) foi un bombardeiro estratéxico soviético que serviu dende finais dos anos 40 ata mediados do anos 60 na Forza Aérea Soviética. Foi unha copia de enxeñería inversa do avión estadounidense Boeing B-29 Superfortress.

Tupolev Tu-4
Tipobombardeiro estratéxico
FabricanteTupolev
Primeiro voo19 de maio de 1947
Introducido1949
Produción1949 - 1952
Unidades construídas847

Cando rematou a súa produción na Unión Soviética en 1952, fabricáranse un total de 847 exemplares. Construíronse moitas variantes experimentais e a valiosa experiencia puxo en marcha o programa soviético para producir bombardeiros estratéxicos. Os Tu-4 foron retirados nos anos 60, sendo substituídos por avións máis avanzados: o Tupolev Tu-16 e o Tupolev Tu-95. A comezos da década dos 60 o único Tu-4 aínda operado poos soviéticos foi usado para o transporte ou laboratorio aéreo.

Véxase tamén editar