Boeing B-29 Superfortress

O Boeing B-29 Superfortress foi un bombardeiro pesado catrimotor estadounidense, usado na segunda guerra mundial e na Guerra de Corea. Nomeado en alusión ao seu predecesor, o B-17 Flying Fortress, o Superfortress foi deseñado como un bombardeiro estratéxico a gran altitude, pero tamén destacou nos bombardeos incendiarios nocturnos a baixa altitude, e no lanzamento de minas navais para bloquear Xapón.

Boeing B-29 Superfortress

Instancia defamilia de aeronaves Editar o valor en Wikidata
Subclase debombardeiro pesado e monoplano bombardeiro con base en terra Editar o valor en Wikidata
Obra derivadaTupolev Tu-4 Editar o valor en Wikidata
Usoataque aéreo Editar o valor en Wikidata
Produción
País de orixeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
FabricanteBoeing Editar o valor en Wikidata
Total producido3.970 Editar o valor en Wikidata
Características
Velocidade de cruceiro467 km/h Editar o valor en Wikidata
Datas e localizacións
Entrada en servizo8 de maio de 1944 Editar o valor en Wikidata
Primeiro voo21 de setembro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Retiro do servizo21 de xuño de 1960 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura8,45 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude30,18 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura43,06 m Editar o valor en Wikidata
Altitude operacional9.710 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Deseñador/aAssen Jordanoff (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
DesenvolvedorBoeing Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] G:Commons ] C:Commons ]

Foi a principal arma de ataque utilizada contra o Xapón e continuou en servizo en varios roles durante os anos 50. A RAF británica tamén usou o B-29 e bautizouno co nome de Washington, e a Unión Soviética fabricou unha copia sen licenza coñecido como Tupolev Tu-4.

O B-29 foi o proxenitor dunha serie de bombardeiros, avións de recoñecemento, de adestramento e de repostaxe en voo construídos por Boeing, entre os que estaba o B-50 Superfortress, unha variante do B-29. Os posteriores modelos da compañía, impulsados por reactores (o B-47 Stratojet e o B-52 Stratofortress) continuaron a liñaxe.

O B-29 foi un dos avións máis grandes en servizo na segunda guerra mundial e era un bombardeiro moi avanzado nesa época, que incluía características como unha cabina presurizada, un sistema electrónico de control de fogo, e torretas de metralladoras manexadas por control remoto. Aínda que foi deseñado como bombardeiro diúrno de grande altitude, na práctica realmente realizou máis misións nocturnas a baixa cota con bombas incendiarias. Foi o principal avión na campaña de bombardeos estadounidense contra o Xapón nos últimos meses da guerra, e levaron as bombas atómicas que destruíron as cidades xaponesas de Hiroshima e Nagasaki. A diferenza doutros bombardeiros da guerra, o B-29 continuou en servizo moito tempo despois do seu final, e incluso un feixe deles foron empregados como transmisores voantes de televisión para a compañía Stratovision. O modelo foi finalmente retirado a principios dos anos 60, despois de ser construídos 3 970 exemplares.

Véxase tamén

editar