Amañecer (Santiago de Compostela)
Amañecer foi un periódico editado en Santiago de Compostela en 1933.
Amañecer | |
---|---|
Localidade | Santiago de Compostela |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características
editarSubtitulado Quincenario defensor de los intereses gallegos, apareceu o 6 de xullo de 1933.[1] Dirixido por Xoán Xesús González, foi voceiro oficioso da Unión Socialista Galega. Aparecía os días 1 e 15 de cada mes. Promovido por Jesús Abruñeiras, entre os seus colaboradores figuraron Francisco Fernández del Riego, Melchor Fernández Almagro, M. Devesa, Juan Rof Codina, Eduardo Blanco Amor e Agustín Rivasar. Editábase na Editorial Nós, imprenta de Ánxel Casal. O último número conservado é o 4, que corresponde ao 1 de setembro de 1933.
Notas
editar- ↑ El Pueblo Gallego, 22-6-1933, p. 10.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- "Amañecer". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Checa Godoy, Antonio (1989). Prensa y partidos políticos durante la II República. Salamanca: Universidade de Salamanca. p. 70. ISBN 84-7481-521-5.
- Mato, Alfonso (coord.) (2007). Ánxel Casal, un editor para un país. Catálogos de Lar e Nós. Santiago de Compostela: CCG, SEG. pp. 154–155. ISBN 978-84-96530-47-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. p. 44. ISBN 84-8288-137-X.